Por moito que interese botarlle toda a culpa ao virus, o 2019 xa nos deixou ás portas dunha grave crise sistémica… Agora, con sistemas sanitarios recortados durante décadas, unha epidemia de baixa letalidade convírtese nunha oportunidade para acometer os axustes que manteñan a flote un capitalismo esgotado… en contra dos intereses das maiorías traballadoras.
Por facernos unha idea dos números actuais da pandemia (8/Nov/2020): na tempada fría de 2017/18 a gripe ocasionou 15.000 mortes. Unha cifra alta con respeito a outros anos, pero tampouco ninguén lembra ese ano como unha catástrofe (con todo o respeito polas falecidas, dígoo coa idea de tomar dimensión dos números). Isto serían unha media de 625 mortes por gripe á semana (nos 6 meses fríos de campaña da gripe).
A 6 de novembro deste ano, notifícanse 1.088 mortes Covid por semana, e non semella que queira subir moito máis, polo menos de momento. A esta cantidade habería que restarlle o sobredimensionamento actual da pandemia (moi difícil de estimar). Porque agora “todo é Covid”, e basta que dea un test positivo para que se rexistre morte por Covid aínda que realmente fora por outras causas. (E cun porcentaxe tan grande de positivos asintomáticos como o que se achaca a esta enfermidade, é de prever que se podan colar algunhas falsas atribucións de morte á Covid.)*
datos do ministerio de Sanidade do 6 de novembro
(actualizacións aquí)
Só un numeriño máis, para tomar dimensión: cada semana morren no estado unhas 2.500 persoas por enfermidades cardiovasculares en condicións normais (según o INE). En grande medida con necesidade de atención de urxencia, algo que agora está moi afectado polas medidas-covid.
625 mortes/semana por gripe nunha tempada pasada, 1.088 mortes/semana por covid agora mesmo, 2.500 mortes/semana por enfermidades cardiovasculares… continúan os recortes en sanidade mentres aplican restriccións sociais nunca vistas desde o Franquismo… Son proporcionais ou adecuadas as medidas?
» Continuar a ler:
Por qué se centran en impoñer medidas propias do fascismo mentres siguen desmantelando a sanidade pública? Porque o sindicato CSIF acaba de denunciar a destrucción de 17.500 empregos en sanidade só nos últimos dous meses…
Os partidos de todas as cores siguen coa estratexia de eliminar o virus por medios maioritariamente militares. Isto tamén acontece noutros países, con distintos graos de intensidade (aquí estamos chupando pero ben…). Por tomar nota dalgunhas das restriccións de dereitos fundamentais: restricción ao dereito de circular libremente polo territorio, incluindo un toque de queda en horario nocturno, restriccións ao dereito de reunión, coa proibición expresa das reunións de máis de seis persoas tanto no espazo público coma en espazos privados, limitacións ao dereito de manifestación… Non é broma, por moito que sexan o PSOE e Podemos os que están no goberno, este é un despregue moi serio de medidas autoritarias.
E hai que sumarlle a precarización que toda esta situación conleva, que vai no lombo das clases traballadoras.
Podemos pensar: claro, o que pasa é que o sistema sanitario foi desmantelado nas últimas décadas, e aínda que esta pandemia é de baixa letalidade xa nin sequera poden facerlle frente (como comenta Raquel Varela). Por iso teñen que confinarnos… Ok, semella que por aí han de ir os tiros.
Pero por que siguen desmantelando a sanidade pública??
Dúas posibles respostas:
a) Estanse rindo de nós á cara e os políticos corruptos de todas as cores siguen esquilmando os servizos públicos mesmo nesta situación
b) Hai interese en reprimir e precarizar á poboación
Probablemente as dúas teñan algún lugar na realidade do que está a acontecer.
Como consecuencia do primeiro: deberíamos facer dimitir á clase política no seu conxunto, porque ter a esta xente xestionando as institucións só pode implicar máis mortes e sufrimento que os que causa o Covid.
Se hai un interese en manter o clima represivo e precarizador… mmm, por que lles podería interesar iso?
Non podemos máis que pensar que é parte da estratexia de facernos “apretar o cinto” ás clases populares “para superar a crise económica”, só que agora nunha medida brutal. A que se pode deber isto? Bon, aínda que a comezos de ano non se lle daba tanta importancia, seica a débeda mundial duplicouse no período 2007-2019, sendo que a finais de 2019 superaba nun 50% á de comezos da crise do 2008. A xente de a pé non sabemos polo xeral estimar estes valores e non nos fixemos a idea da crise que axexaba, pero de certo que aos grandes poderes non se lles escapou. Como seguramente tampouco se lles escapou que se preveía que en 2020 se produciría o primeiro dos picos de prezos de petróleo (picos que xa se sabía que se darían antes de 2025, segundo tiña anunciado a Axencia Internacional de Enerxía). Ese pico de prezo ao final non se deu, probabelmente polo frenazo do seu consumo que supuxo a Covid. Pero a cuestión é que se vía vir -agora debe andar máis perto- e non esquezamos que a subida dos combustíbeis xa foi un dos detonantes das revoltas do 2019 en Chile, Francia, Ecuador, …
E cal é a resposta do capitalismo internacional ante este panorama? Pois visto o visto, parece que relegar a grandes franxas de poboación á exclusión social (ese “apretar o cinto” agora é directamente sumirnos na miseria). E mano dura para anticiparse a posibles revoltas. Domesticarnos para seguir adiante con este sistema insostíbel, e que cada vez beneficia a unha minoría máis pequena.
Mentres tanto: por que habían de pór freo ao saqueo da sanidade pública? Non lles interesa… Mellor seguir facendo negocio as empresas dos seus colegas mediante a externalización dos servizos públicos. Se total vai no mesmo sentido de reprimir e empobrecer á poboación… Así o sistema pode colapsar máis facilmente e ese risco xustifica todo o resto… círculo vicioso. Poñen en perigo a saúde e as vidas de máis persoas (igual que o fai unha multa desorbitada cando non tes ingresos…), e isto facilita a extensión do medo e a sumisión a través do martilleo mediático.
Se fixeran outra cousa (reflotar os servizos públicos), perderían a oportunidade que lles deu a pandemia para reestructurar o seu escangallado sistema.
E o peor de todo isto é que na esquerda (na esquerda real) é moi minoritario o discurso crítico con todo o que arrodea a xestión da pandemia. Non somos capaces de asumir que os partidos “de esquerda” que están no parlamento están totalmente sometidos á dinámica do capitalismo. E aínda por riba esta ausencia está colocando a Vox nunha posición de ventaxa, facilitándolles a capitalización do descontento…
É un imperativo ético reaccionar. Desmontemos esta farsa criminal.
= = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = = =
*Podemos preguntarnos: por que agora a mortalidade Covid non é tan alta como en marzo-abril, se mesmo vai máis frio…? Bon, aí a resposta pode que a teñamos en que despois da barbarie acometida polas administracións nas residencias de anciás, agora non se lles estará denegando a asistencia ás residentes. Outro factor que puido agravar moito a mortalidade no inicio da pandemia foi a aplicación inadecuada de respiradores (que non se revelou como contraproducente ata que médicos italianos desobedeceron o absurdo mandato da OMS de non facer autopsias). Cuestións que non teñen tanto que ver co propio virus senón coa ineptitude dos políticos, cando non flagrante neglixencia e ocultación.