Dúbidas sobre a transmisibilidade Covid de nen@s a adult@s

Da “Análise comparativa das políticas de xestión da pandemia en Europa (…)” [refs. en inglés e alemán]:

“Islandia descubriu a partir do estudo do impacto da enfermidade na súa poboación de pouco máis de 360.000 habitantes (Bilbao ten aproximadamente 340.000 habitantes) que non existe transmisión da enfermidade de nenos a adultos (McLaughlin et alii 2020), aínda que si se dan casos de contagios de adultos a nenos (Highfield 2020). De feito, o epidemiólogo británico e profesor Mark Woolhouse afirmou que non hai até a data nin un só caso confirmado de infección dun mestre por un alumno en todo o mundo (McLaughlin et alii 2020). A experiencia en Suecia demostra que non houbo diferenza nas taxas de infección entre os nenos (Soderpalm 2020). Tal é así, que un recente estudo feito en Alemaña chegou á conclusión de que os nenos poden operar como freo á propagación do covid-19 (Locke 2020). E nunha liña parecida manifestouse recentemente unha investigación suíza segundo a cal os nenos non desenvolven síntomas debido ao seu frecuente contacto previo con outros coronavirus, o que contribúe a crear unha inmunidade de grupo (Franks e Rocklöv 2020). En xeral, os nenos son menos propensos a contaxiarse e a manifestar síntomas da enfermidade comparados cos adultos (Park et alii 2020). O xefe médico de enfermidades infecciosas no hospital Sankt Gallen e profesor suízo Pietro Vernazza destacou que non existe evidencia médica da eficacia dos peches de escolas ao constatar que os nenos, en xeral, non desenvolven a enfermidade covid-19, o que fai que non estean entre os vectores de propagación da enfermidade, a diferenza do que ocorre coa gripe (Vernazza 2020b)”

 

>>Ver tamén:

Un estudio confirma que los niños no constituyen un foco de transmisión del coronavirus (El Mundo)

Consenso científico: una tesis y su contraria (mpr21.info)

This entry was posted in Contrainfo e disidencia científica, Difusión e recursos. Bookmark the permalink.