Sobre pandemia e infodemia, e os posibles intereses en manter esta situación

Traducción a castellano aquí

Coa presente crise sanitaria vivimos unha situación que desafía a nosa capacidade de comprensión. A nosa cotidianidade depende de factores de grande complexidade técnica e danse ao noso redor multitude de cambios que nos afectan moito. Levamos con este monotema desde marzo e asoláganos a sobreinformación…

O ambiente é o dunha auténtica guerra informativa, con versións moi diverxentes do que está a acontecer, o que ademáis se desarrolla nun contexto de limitacións sociais polas medidas sanitarias (e fai que botemos máis tempo conectadas).

Cústanos comprender pero sobre todo tememos outros longos meses de confinamento, cunha precariedade engadida porque cada vez hai menos cartos, menos traballo, menos ánimo…

Quereríamos facelo ben para que isto non se repetira, ou fora o máis leve posible… pero qué implica “facelo ben”? Como é exactamente o lio no que estamos metidas?
“-Uff, iso depende de a quen lle preguntes…”

A risco de simplificar, poderíamos xeneralizar en dúas versións… ou mellor tres: a, digamos “oficial”, que lle outorga á Covid unha grande importancia, porque das nosas accións poden depender as vidas de moitas persoas. Por outro lado estaría a “cuestionadora”, que considera que se está esaxerando a súa importancia con algunha finalidade. E despois estaría a versión caricaturesca desta última, que os mass media denominan “negacionista” e confunden co total das críticas á versión oficial, e que lle quita toda importancia ao virus e insiste en que o necesario é recuperar a normalidade.

Así a ollo semella que poden existir intereses políticos en alimentar a versión negacionista. Dá a sensación de que un certo sector da clase privilexiada ten a vontade de que a enfermidade se expanda rápido, mate a quen teña que matar e que podamos voltar canto antes á actividade económica habitual… Xa que as élites poden permitirse que isto se desenvolva así sen expoñerse demasiado (mellores vivendas, máis espazo vital, atención médica máis disponible pola privada, …).

Pero isto non significa que a versión oficial estea sendo completamente fiel á realidade… Vémoslle bastantes incongruencias como para plantexarnos que unha versión cuestionadora poda estar sendo máis axustada…

“A ver, espera, pero isto é un problema mundial, cómo habería tal grado de consenso entre tantos países do mundo en poñer en marcha medidas contra a economía se non é tan tremendamente urxente este asunto?” Bon, contra a economía exactamente… poderíamos dicir mellor contra certos sectores da economía, máis “locais”. As grandes fortunas do mundo, maioritariamente ligadas aos sectores tecnolóxico e financeiro, creceron nos últimos meses. Por outra banda, a crise sanitaria (e as repercusións das medidas para combatila) non afectan igual a todos os países…

De todos modos, si que semella unha contradicción extraña que os gobernos capitalistas estean esaxerando para ir contra a economía dos seus países…

Independentemente de todo isto, semella que o que máis preocupa no día a día “post-pandemia” é que podamos morrer prematuramente ou en cirscunstancias desagradables, e todas vivimos con medo. Medo de contaxiarnos, ou de ser responsables de contaxiar a alguén que o pase mal ou morra pola enfermidade.

E en qué se basea ese medo? “Joder, pois nas 29.000 persoas que morreron polo virus!”

 

A) 29.000 MORTES: UN PAR DE DATOS SOBRE “O DATO”

É moitísima xente falecida polo mesmo… Se aprofundamos só un chisco máis, atopamos unha puntualización que nos parece clave para contextualizar ese número:

· O 70% desas mortes, de acordo con datos oficiais do goberno, foron nas residencias de anciáns, que comprendían o 0,8% da poboación a comezos de 2020. Esta situación é semellante noutros países dos que rexistraron maiores mortalidades atribuídas á Covid.

Descoñecemos se as autoridades están investigando a fondo esta morte masiva que se deu nas residencias de anciás, o cal sería absolutamente necesario para tomar medidas destinadas a previr que volte acontecer. Esta desidia en chegar ás causas últimas dunha situación tan dramática é algo que tampouco sorprende, dado que a situación actual destes centros bebe dun sangrante contexto de privatización e precarización do que son cómplices os principais partidos con representación nas institucións. Por outra parte, a nivel científico actualmente só se tende a investigar o que xenera un produto (medicamentos, vacinas, …), e téndese a deixar de lado o que aporta coñecemento non rentable (e os asuntos “políticos”…).

Parécenos tamén particularmente preocupante que algunhas médicxs chamaran a atención sobre a posibilidade de que houbera unha relación entre os casos máis graves e a previa vacinación contra a gripe común, algo que a priori semella coerente con esta elevada mortalidade nas residencias. Os países europeos e as comunidades autónomas con maior mortalidade nas mesmas teñen tamén un maior índice de vacinación contra a gripe. Esta posible relación da vacinación gripal con maior risco de infección por coronavirus apóiase ademáis en estudos feitos nos 2017 sobre outros coronavirus, nos que se conclúe que o risco de infección si que se vía aumentado en persoas vacinadas da gripe (pero non é preocupante no contexto do 2017 porque era peor a gripe que eses outros coronavirus). No contexto da pandemia actual non se está investigando esta cuestión, como tampouco a posible relación con otras circunstancias particulares deste sector de poboación (como o alto grado de sobremedicación que padece, por exemplo).

 

Entón, ese número de mortes ten un contexto: as residencias. No resto da poboación, as que non vivimos en residencias, oficialmente foron entón unhas 8.700 mortes (o 30% restante). Non é pouco… Pero, por achegar unha referencia para valorar estes números: ao longo da tempada fría de 2017-2018 morreron no estado unhas 15.000 persoas de gripe común, e na tempada de 2018-19, 6.300.

Hai que considerar ademáis que as cifras de afectadxs por Covid están inchadas, xa que se computan como casos ou mortes por coronavirus todas as que dan positivo aínda que non teñan síntomas (ou teñan síntomas doutras enfermidades). Ao principio non había probas e escorregaron da contaxe oficial moitas mortes que sí foran por Covid (principalmente nas residencias, onde se concentrou a grande parte da mortalidade), pero conforme foi pasando o tempo, o cómputo vese esaxerado: están contándose máis casos/mortes Covid que os reais.

Tamén sabemos que o porcentaxe de persoas positivas “asintomáticas” é bastante alto (80%), o que relativiza moito a importancia dos números de “contaxiadas”. Ademáis, en moitos casos que non se realizaron tests, presionouse para declarar caso ou morte Covid pola sintomatoloxía, co cal moitas mortes por gripe desde marzo tamén puideron ser atribuídas á Covid…

Ou sexa, un cristo epidemiolóxico no que o único que semella claro é que non se está considerando adecuadamente que a grande parte das mortes tuvo unhas cirscunstancias moi concretas sobre as que teríamos que pedir contas ás autoridades e demandar que foran modificadas. É realmente preocupante que morreran 21.000 persoas nas residencias… Pero non porque no próximo brote vaiamos morrer todxs. Senón porque se poda repetir que persoas anciás morran prematuramente a causa de que os espazos nos que viven non son xestionados adecuadamente. No resto da sociedade estanse tomando medidas (e moitas), pero… está cambiando a xestión nas residencias?

…polo de pronto, semella que chamar a atención sobre o tema da vacina da gripe é como dicir que a terra é plana.

 

B) SOBRE OS “CASOS” E OS “BROTES”

Esas 29.0000 mortes meten medo… E este medo sosténse no tempo porque cada semana os medios siguen informando de novos brotes. Como comentábamos, as estatísticas de contaxios e mortes baséanse en probas bioquímicas, sen necesidade de presentar nen sequera síntomas da nova enfermidade. Imos a cegas confiando nesas probas…

Pero é que ademáis, os datos que se nos comunican de “novos positivos” en moi poucos casos son referenciados co número de test totales realizados no periodo/poboación nos que se detectan. O cal nos permitiría contextualizar mellor ese número de positivos (porque todo test bioquímico ten unha taxa de falsos positivos). Ao non aportarse esta referencia, os tests poderían directamente ser usados de xeito manipulador: basta dun día para outro incrementar dun xeito importante o número de tests realizados nunha poboación para que iso se perciba como “un aumento importante dos casos”.

 

Ademáis dos “novos positivos”, outro dato que os medios e o goberno insisten en comunicar é o de “contaxios totais” (en realidade, outra vez, tests positivos totais), frecuentemente computando os casos xa resoltos e sen síntomas, o cal ten unha utilidade máis que dubidosa.

Desde os organismos oficiais e os medios maioritarios non son expostos de maneira clara nin os datos de casos graves de Covid, nin os ingresos en UCI, nin as mortes realm_ente atribuídas á enfermidade. As reais, as que tiñan síntomas de Covid, non só en persoas test-positivas, que son nun 80% asintomáticas… Estes datos, que non temos xeito de coñecer, serían os apropiados para avaliar a gravidade actual da enfemidade.

Asimesmo, proibiuse expresamente a realización de autopsias de persoas cuxa morte fora atribuída ao novo coronavirus, cando esta foi sempre unha práctica habitual (realizada polos profesionais coa debida formación e precaucións) mesmo en enfermidades altamente infecciosas e letais. O que non permite coñecer a influencia real do virus nas mortes, ademáis de que dificulta coñecer o desenvolvemento da enfermidade. Por que tanta incógnita?

 

A isto hai que engadir que existen serias dúbidas técnicas sobre os tests. Os empregados como confirmación, os PCR, siguen sendo manufacturados en base a un deseño que aprobou a OMS en xaneiro con grande urxencia, e que non se mellorou. Como declaran as propias autoras no artigo científico, antes da secuenciación do código xenético do Sars-Cov-2 fixeron unha selección de secuencias (non explicita cantas) a partir dos códigos xenéticos doutros coronavirus, para ir preparando unha proposta de test. Desas secuencias, no momento en que outro equipo publicou a secuencia, seleccionaron 10. Pois ben, documentos técnicos de tests que se están a usar indican que eses tests non identifican as 10 secuencias, co cal, polo xeito no que se deseñou o test, dedúcese que poden responder a outros coronavirus. As secuencias de referencia dos tests mantéñense invariables desde xaneiro, non se elaboraron outras propostas con secuencias exclusivas do Sars-Cov-2 (que non se atopen noutros coronavirus).

 

Se as PCR poden dar positivo a outros coronavirus, implica que un grande número dos positivos serían en realidade falsos positivos, xa que no noso medio son moi habituais outros virus desta clase. Algúns virus desta familia relaciónanse co 7-15% dos resfriados comúns (aínda que poden estar presentes sen xenerar síntomas), están moi presentes noutros mamíferos e paxaros (entre eles gando e animais domésticos), …

Ao mesmo tempo tense comentado que a PCR dá reiterados negativos a persoas que dan claramente a sintomatoloxía Covid (o que fai pensar que poderia existir unha cepa que os test actuais non detectan?). E que nalgúns casos en persoas asintomáticas a proba deu en realizacións sucesivas resultados alternos: positivo, negativo, positivo, … cun pequeno intervalo de tempo entre as probas.

Esta escasa fiabilidade fai que as probas PCR, se ben poden ter un uso clínico para axudar a confirmar o diagnóstico ante uns síntomas que semellan de Covid, sexan de utilidade dubidosa en aplicacións a grande escala (debido á magnitude da alarma infundada que crearía o seu uso). Isto foi recoñecido por Jens Spahn, ministro alemán de Sanidade, polo que en Alemaña non se realizan probas xeralizadas (nin en moitos outros países).

 

Xa comentamos que o 80% das persoas positivas son asintomáticas (dentro das cais atópanse normalmente as nenas e nenos), pero son consideradas como contaxiadorxs en potencia. Algúns estudos científicos cuestionan esta capacidade de contaxiar das asintomáticxs… co cal, e visto cómo están feitos os tests, non podería ser que sexan en realidade, polo menos nalgún porcentaxe, falsos positivos?

 

C) ENTÓN, POR QUÉ NON SE REALIZAN ACCIÓNS XUDICIAIS CONTRA OS RESPONSABLES DA PRECARIEDADE DAS RESIDENCIAS? POR QUÉ NON SE RECOLLEN OS DATOS DOUTRO XEITO QUE REFLICTA MELLOR OS CASOS REAIS DE COVID?

Claro que hai algúns casos complicados de Covid en xente nova, sana, claro que hai que ter precaución… A Covid é unha enfermidade preocupante. Pero sopesando a información que estamos achegando, non cremos que as autoridades estean sendo transparentes, nin as súas accións adecuadas nin proporcionadas, e cremos que esta actitude é interesada.

É necesario apuntar que a crise da Covid está afectando en maior medida aos estados que privatizaron o coidado dxs maiores e/ou aos que tiñan un sistema sanitario deteriorado tamén pola privatización. Xa comentamos que o colectivo desproporcionadamente máis afectado, sendo un pequenísimo porcentaxe da poboación, foi o das persoas que vivían en residencias de anciás (70% das mortes). O outro grupo de persoas que sufriu maior incidencia foi o do persoal sanitario, que leva anos denunciando reiteradamente a falta de medios e a progresiva privatización da saúde e a precariedade que a acompaña.

Pero a consideración do risco que implica o virus, e tamén as medidas para contelo, son moi distintas nos diferentes países, sendo en xeral moito máis restrictivas nos países que a mortalidade foi maior nas residencias (aínda que no resto da sociedade a incidencia sexa semellante). O Estado Español é do máis restrictivos, dos poucos do mundo con obrigación do uso da mascarilla “en todo momento”.

 

Ante todo isto, parecería obvio agardar que para loitar contra a pandemia as estratexias a seguir por parte do estado español estuvesen centradas en reformular o modelo de “coidados” que existe na actualidade. Pero non é así. No canto diso a intervención estatal foi baseada na policialización da sociedade (confinamento, control de mobilidade, sancións, …), no testeo masivo (coas dúbidas que isto plantexa), complementado co rastreo mediante apps e profesionais contratados polas administracións. O cal parécenos carente de sentido cando non se están modificando os contextos nos que se deu o problema principal: a atención ás persoas maiores e o sistema sanitario.

Por outra banda, tampouco se está promovendo a elaboración doutros tests máis específicos. Nin se está aportando a información doutro xeito (por exemplo, baseada na incidencia da sintomatoloxía típica de Covid), que permita ter unha referencia do impacto real da pandemia, e non só enormes números baseados en tests inadecuados para a súa aplicación xeneralizada.

 

Por qué actúan así? Que gañan? Quen gaña?

 

Pois en primeiro lugar podemos supor que a clase política ten medo de que lle pidamos responsabilidades polas miles de mortes nas residencias, e nese sentido atemorizarnos coa situación sanitaria semella unha ferramenta efectiva. Saben ben que miles de mortes pesan sobre a súa responsabilidade, pola privatización dos centros de maiores e polos recortes sanitarios de anos e lexislaturas pasados, o que implica a complicidade de practicamente todos os partidos.

Despois teríamos os intereses da industria farmacéutica (medicamentos e vacinas contra a Covid). Esta industria ostenta unha taxa de beneficio só comparable á dos bancos, polo que tampouco semella unha situación allea ao seu interese. O tratamento farmacolóxico da Covid baséase en moitas ocasións na administración de fármacos como o Remdesivir e outros antivirais. Estes medicamentos teñen a patente vixente, o que fai que teñan un elevado coste (o tratamento con Remdesivir custa da orde de 3000€ por paciente). A aplicación deste fármaco e doutros con acción inmunosupresora foi criticada por unha parte do sector médico, que relaciona a súa aplicación co agravamento da patoloxía (mentres se deixan totalmente de lado alternativas menos agresivas, de recoñecida actividade antiviral, e baratas, como a planta Artemisia annua ou a disolución de Dióxido de Cloro – CDS). No que atinxe ás vacinas, comentar que o seu interese radica en que teñen unha patente ilimitada, a diferencia do resto dos medicamentos.

A parte da cuestión política e do interese da industria farmacéutica, poderíamos apuntar tamén a expansión que experimentou a xa boiante industria de datos e telecomunicacións no contexto pandémico.

 

Pero é que, a parte destes beneficios “sectoriais”, resulta que as medidas propostas para atallar a situación teñen certas vantaxes para o grande capital no contexto de crise que se viña fraguando. Xa se sabía que o 2020 ia vir quente, a finais de 2019 algúns analistas prevían que este ano se daría o primeiro dunha serie de picos de prezos do petróleo anunciados pola Axencia Internacional da Enerxía, o que se supuña que precipitaría unha grande crise que podería superar á de 2008. Anticipábanse xa no curto prazo os primeiros ramalazos dunha crise enerxética que se levaba augurando nas últimas décadas.

Ao mesmo tempo estamos vendo cada ano máis mudanzas no clima, que comezan a “apretar”. A isto poderíamos engadirlle unha crise do sistema financeiro, inmerso nos últimos anos nunha grande crise de débeda. E unha crise estrutural que afecta cada vez máis ao capitalismo: o desenvolvemento tecnolóxico fai que precise cada vez máis consumidorxs e menos traballadorxs, unha contradicción non resolta do sistema.

 

Neste tempo de necesidade adaptativa chegou a crise sanitaria e facilitou unha serie de medidas que se ían poñer a andar de todos xeitos, pero as fai presentables a ollos da poboación: a “loita contra o virus” está xustificando que se fagan rescates ás grandes empresas con diñeiro público, o que favorece o reseteo do sistema financeiro. Tamén o virus precipitou medidas de “modernización económica”: facilitou grande cantidade de despidos e axudou a extender o teletraballo, que engade unha nova carga dos costes do emprego sobre xs traballadorxs e permite reducir os salarios; e tamén se deu a mesma “modernización” co teleensino e a telemediciña, que reducen tamén costes de persoal e infraestrutura. Aparece a renda mínima, medida de orixe neoliberal (Milton Friedman), deseñada para suxeitar ás excluídas a un control burocrático. E afiánzase unha tendencia cara a desaparición do diñeiro físico.

A pandemia ten ademáis como consecuencia un maior uso de internet (polo distanciamento social), o que implica unha expansión da economía baseada no Big Data, e das empresas de servizos ligadas a este sector. Os sectores máis golpeados pola crise –turismo, ocio de masas, pequeno comercio… – representan un capitalismo obsoleto e anticuado. Os sectores emerxentes, lonxe de verse afectados, están a crecer coa pandemia: os servizos telemáticos (Google, Facebook, Netflix, videoxogos, apostas, …), o loxístico (como Amazon, Aliexpress, mensaxería, …), e o biomédico, coa sua propia revolución tecnolóxica (encarnada na situación actual polas vacinas de mecanismos novidosos, coma o xenético, para ser aplicadas a grandes masas de poboación)…

Por outra banda, o ambiente de medo, control, censura e atomización social que se crea, resulta apropiado para que as mencionadas (e as futuras) medidas requeridas para atallar a crise do sistema e para lograr novos terreos de expansión do capitalismo sexan acatadas pola poboación. Que ao estar suxeita a limitacións de mobilidade e reunión, e a unha vixilancia e control permanentes coa excusa da pandemia (exército na rúa se fai falla), vese dificultada para organizar a protesta ou empregar ferramentas de loita como as manifestacións.

 

E non se trata de ningunha conspiración… O medio científico é un sistema complexo no que uns actores se basean no traballo doutros, e ninguén comproba a totalidade do que fai. Empréganse referencias que poden fallar na súa certeza. No caso da pandemia de coronavirus estas referencias falibles serían a homologación, producción e control de calidade dos tests, e a aprobación polas administracións para o seu uso xeneralizado. Todos eles ángulos pouco visibles para a opinión pública, e mesmo para os profesionais sanitarios.

[Neste punto é necesario comentar que nos prospectos dos mesmos tests PCR indícase habitualmente que non son válidos para o diagnóstico e que só teñen unha “aplicación experimental”, co cal as empresas produtoras xa se lavan as maos… E non podemos deixar de mencionar tampouco que a referencia mundial nesta crise, a OMS, ten un financiamento de entre o 60 e o 80% de orixen privado (según diferentes fontes), e xa foi acusada no ano 2009 de declarar a pandemia da Gripe A motivada por conflitos de interés.]

 

“Só” se estaría forzando a situación e condicionando a percepción da poboación sobre o que realmente está pasando e sobre a posibilidade de saturación do sistema sanitario. Mediante o uso inadecuado duns tests deficientes e mediante a alarma social ocasionada polos medios. Coa intención de promover un programa de “modernización productiva”, a base de fomentar o capitalismo dos datos en detrimento do capitalismo tradicional; e de exercer un maior control sobre a poboación.

Este capitalismo tradicional aínda mantén boa parte do seu poder económico e resulta, hoxe, o maior obstáculo para os novos terreos de conquista do sistema. Isto explica a forza das hipóteses “negacionistas”, que, aínda que moito menos do que aseguran os medios, están presentes en moitas críticas á versión oficial. Hipóteses que estarían sendo alimentadas polo sector do vello capitalismo, que só desexa unha volta á normalidade sen interesarlle tampouco valorar o perigo real que poda supor o virus nin destapar os mecanismos do poder.

 

A pesar da crise que xenera a pandemia e da dificultade de dimensionar os intereses políticos e económicos inmediatos que poden existir en aplicar certas medidas, é patente que estas medidas implican importantes cambios no sistema productivo e social. O cal pensamos que está influíndo en que non se atallen as causas reais da crise sanitaria real, e en que se esaxere a envergadura da situación por parte do poder e o grande capital, porque isto crea as condicións para a posta en andamento de diferentes ensaios dunha reestruturación do sistema nos países máis afectados pola crise (normalmente máis afectados nas residencias). Estas mudanzas son moito máis toleradas pola poboación se se deben a un virus (e se vivimos nun estado de excepción “por esa causa”), xa que se se dera a coñecer que a causa das reformas é unha crise do propio modelo económico, a poboación se rebelaría moito máis.

Non negamos que haxa que ter prudencia co novo virus, é un perigo real que está aí. Só dicimos que en realidade non se están aportando datos de calidade como para termos unha referencia fiábel da ameaza que supón. E que ademáis, permítelle ao capital realizar un avance substancial en proxectos que estaban no tinteiro (a costa dun dano social); e ter a sartén polo mango nun tempo de turbulencias. Tampouco estamos dicindo que o crearan –sen descartalo– pero é innegábel que en moitos sentidos viulles moi ben e que poden fomentar a percepción dun maior impacto do virus.

Igual nos equivocamos en algo ou en todo o que dicimos, pero… igual non. Polo que neste contexto de incertidume, e ante as posibilidade de que isto se estea desenvolvendo como comentamos, consideramos absolutamente esencial manter o espíritu crítico sen deixarnos levar por prexuízos, clichés, ou información-lixo, que son amplamente alimentados pola cultura cibernética do inmediato, polos mass media, polas axencias de fact-checking, ou tamén por sectores da dereita buscando base social…

E manternos vixiantes, especialmente dos nosos vixiantes e de todos os aspirantes a selo. E de ser necesario, desobedecer e opoñernos ás medidas excesivas.

Só facéndonos un criterio independente desta situación, e mantendo e expandindo os vínculos de solidariedade e o apoio mutuo imos poder enfrentar o perigo do virus e as dificultades que veñen.

 

Algunhas referencias:

-70% das mortes foron en residencias de anciás: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/05/31/muertos-residencias-suponen-70-totales-reconocidos/0003_202005G31P16991.htm

-Posible relación de vacinación previa contra a gripe común e casos graves de Covid, borrador dun artigo que finalmente non foi publicado (preguntámonos por que?): https://vacunasaep.org/sites/vacunasaep.org/files/gaston-ananos-hipotesis-vacuna-gripe-covid-19-version1.pdf

-Artigo con datos do 2017 sobre a maior prevalencia de infeccións por virus do tipo coronavirus en persoas previamente vacinadas contra a gripe común:
https://pubmed.ncbi.nlm.nih.gov/31607599/

-O 80% dos positivos son asintomáticos: https://www.bmj.com/content/369/bmj.m1375

-Artigo que cuestiona a capacidade de infectar dxs asintomáticxs: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0954611120301669

-Documento da OMS que relata como se estableceron as secuencias a identificar nos tests, que son 10 (correspondentes a fragmentos de 3 xenes), procedentes de outros coronavirus pero que só no SarsCov2 estarían presentes todas elas:
https://www.who.int/docs/default-source/coronaviruse/wuhan-virus-assay-v1991527e5122341d99287a1b17c111902.pdf?sfvrsn=d381fc88_2

-Documento da FDA sobre un dos tests aprobados en EEUU, no que se informa de que ese test identifica tan só 3 desas 10 secuencias: https://www.fda.gov/media/136151/download

-Xa vai algúns anos, ex-editorxs do New England Journal of Medicine e The Lancet cuestionaron a validez dos estudos científicos publicados. Os artigos orixinais foron retirados das webs das revistas científicas (inglés): “O caso contra a ciencia é simples: grande parte da literatura científica, talvez a metade, pode simplesmente non ser verdadeira. Afectada por estudos con mostras de tamaño reducido, efeitos minúsculos, análises exploratorias inválidas e conflitos de interesse flagrantes, xuntamente cunha obsesión de perseguir tendencias da moda de importancia dubidosa, a ciencia deu unha volta en dirección á escuridade… A aparente endemicidade do mal comportamento da investigación é alarmante. Na sua busca de contar unha historia convincente, os cientistas esculpen demasiadas veces datos para se adecuaren á sua teoria preferida do mundo. Ou reaxustam hipóteses para se axustarem aos seus datos”.
https://zaidpub.com/2014/03/04/no-longer-possible-to-believe-much-of-clinical-research-published/
https://stan-heretic.blogspot.com/2018/07/lancet-lot-of-what-is-published-is.html
-As perspectivas optimistas do Foro Económico Mundial: https://es.weforum.org/agenda/2020/06/ahora-es-el-momento-de-un-gran-reinicio/

Máis información e actualizacións:
http://euskalnews.com/2020/08/el-colegio-de-biologos-de-euskadi-pone-contra-las-cuerdas-al-gobierno-vasco-y-al-gobierno-de-espana/
https://fuentesyreferenciascrisis2020.blogspot.com/
https://www.wodarg.com/ (algúns artigos en portugués e español)
http://somosbacteriasyvirus.com/
https://cienciaysaludnatural.com/
https://saludypoder.blogspot.com/
https://contratodanocividad.espivblogs.net/
https://www.mpr21.info/

This entry was posted in Reflexión e análise. Bookmark the permalink.