O desmantelamento da sanidade pública galega

Levamos anos de recortes, pero non é só un problema de falta de financiamento, senón de… desvío de diñeiro público.

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Difusión e recursos, Reflexión e análise | Comments Off on O desmantelamento da sanidade pública galega

Elementos para unha crítica da burocracia – David Graeber (I)

Sobre funcionarios armados, tecnoloxía, e fusión do público-privado


“A lei de ferro do liberalismo dicta que toda reforma do mercado, toda iniciativa de goberno dirixida a reducir trámites burocráticos e impulsar as forzas do mercado terá, como efeito final, o aumento do número total de regulacións, a cantidade de papeleo e a cantidade total de burócratas que emprega o goberno.”1

Traducimos un texto de David Graeber, antropólogo e activista anarquista falecido o verán pasado. Pertence ao seu libro La utopía de las normas. De la tecnología, la estupidez y los secretos placeres de la burocracia, publicado orixinalmente en 2015. Facémolo coa intención de propiciar análises sobre o funcionamento da burocracia (tal e como era ata antes de onte). E chegar a mellores comprensións das dinámicas do poder no mundo post-pandémico, que necesariamente teñen que incorporar novas achegas sobre o devir “bioseguritario”. Pola súa extensión, imos dividilo en dúas entregas.

O Movimento pola Xustiza Global foi, ao seu xeito, o primeiro movemento esquerdista antiburocrático da era da burocratización total. Como tal, creo que ofrece importantes leccións a calquera que intente desenvolver unha crítica semellante:

1. Non subestime a importancia da violencia física

Os exércitos de policías altamente militarizados que aparecían para atacar a quen protestaban contra as cimeiras non eran ningún tipo de extraño efeito colateral da «globalización». Sempre que alguén comeza a falar do «libre mercado» é boa idea buscar pola volta ao tipo coa pistola. Nunca está lonxe. O liberalismo de libre mercado do século XIX correspondeuse coa invención das modernas policías e axencias de detetives privadas2, e gradualmente coa noción de que esa policía tiña cando menos a xurisdicción definitiva sobre todos os aspectos da vida urbana, desde a regulación da venda ambulante aos níveis de ruido das festas privadas, ou mesmo a resolución de amargas pelexas con cuñados violentos ou compañeiros de cuarto na Universidade. Hoxe en día estamos tan habituadxs á idea de que polo menos poderíamos chamar chamar á Policía para resolver virtualmente calquera circunstancia difícil, que a moitxs de nós cústanos imaxinar qué tería feito a xente antes de que isto fora posíbel. Porque en realidade, para a vasta maioría da xente ao longo da historia (mesmo quen vivían en grandes cidades) non había a quen chamar en tales circunstancias. Ou polo menos, ninguén tan impersoal e burocrático que, como a policía moderna, tuveran o poder de impoñer resolucións arbitrarias respaldados polo uso da forza.

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on Elementos para unha crítica da burocracia – David Graeber (I)

Internet e o espectáculo da polarización das ideas

Na era de internet, a Web 2.0 e a xeneración constante de información, as funcións e disfuncións dos medios de comunicación masivos tradicionais perden valor en mans do individuo que elixe a información á que se expón e que transmite. Polo que hoxe non vale a pena falar tanto de funcións dos medios como de funcións da información. Canto maior é o fluxo da información máis relativa é a credibilidade dos medios de comunicación tradicionais, unha credibilidade que no seu día, pola súa propia natureza como medio masivo, non coñecía mácula. Esta información, ademáis, agora non desaparece tras completarse o proceso comunicativo, permanece na rede sen necesidade dun soporte físico concreto como sería o caso dun libro ou un rolo de película. Por iso, a información emitida a internet, coma se dunha hemeroteca abstracta tratásese, ten un potencial de recepción case ilimitado, unha cantidade de contido inconcebible na que a mensaxe, e non o emisor nin o medio, é o que exerce unha función para o receptor.

Eu traballaba nas recomendacións de Youtube. Preocúpame que un algoritmo no que eu traballei estea a aumentar a polarización na sociedade. Pero desde o punto de vista do tempo de visualización, a polarización é totalmente eficiente para manter á xente conectada.

Guillaume Chaslot (ex-enxeñeiro en YouTube)

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on Internet e o espectáculo da polarización das ideas

Estado de excepción permanente, pantasma negacionista e esquerda ausente

Como puidemos chegar a isto?

Como comentamos no post anterior, o venres 5 de febreiro ficou aprobada no parlamento galego a modificación da lei de Saúde de Galicia (tamén coñecida como Lei Feijoo ou Lei Auschwitz). Esta lei, supostamente lexisla a posibilidade de que as autoridades sanitarias (conceito que tamén se ve ampliado) podan obrigar á cidadanía a tratamentos ou vacinacións que consideren, e podan exercer “compulsión sobre as persoas” e “intervención sobre as cousas”. Asimesmo fala de centros de internamento específicos para quen se salte a corentena. Dicimos supostamente porque hai quen cre que o Parlamento galego non pode lexislar en realidade todas ou algunha destas cuestións, por opoñerse á normativas de rango superior.

Non reforzan a sanidade, fomentan o control social por parte dos cidadáns.

De todos xeitos, aí está a lei, que tampouco contempla ningunha medida preventiva para atallar a crise sanitaria, nin condiciona estas cuestións á declaración dun Estado de alarma ou semellante. Isto último fai que se finalmente se demostra como válida, esta reforma implicaría que as “novas” autoridades sanitarias poderían limitar os dereitos fundamentais en calquera momento.

A modificación da Lei de Saúde aprobouse sen ningún tipo de protesta ou denuncia por parte da esquerda. A única mobilización en contra da que temos noticia a 8 de febreiro é a de “Policías por la libertad”. Todo un oxímoron que hasta ahora non fixera acto de presenza en Galiza, e mira por onde, escolleu este momento. Voltamos ver como a única resposta ao estado de excepción permanente no que nos achamos ven dunha “oposición” adornada con banderitas de españa, que se centra en reclamar os “dereitos individuais” e en “reactivar a economía”… E digo eu, non será que para manter á esquerda á distancia, os propios medios están reforzando este tipo de movementos para facer asumir que toda crítica ven da dereita? Deste xeito xa non teñen máis que facer para desmobilizar completamente a unha esquerda extraparlamentaria xa moi feble e carente de criterio propio…

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on Estado de excepción permanente, pantasma negacionista e esquerda ausente

A lei Feijoo – Unha lei de Saúde que mira máis aló do sanitario [+PANFLETO]

A maioría da poboación enteraríase pola noticia de “La Coz a Galicia”, na que “informabasobre un “ciberataque” contra a web do Parlamento Galego. Identificaba tamén ás autoras como “negacionistas y antivacunas”… Alguén tenlle que preguntar a ese iluminado xornalista se sabería atopar as 8 diferenzas entre “negacionista/antivacunas”, e antifascista.

[PANFLETO ACTUALIZADO AQUÍ]

Á marxe do absurdo de etiquetar como ciberataque o uso por parte das cidadás dunha plataforma que supostamente o parlamento ofrece para expresar a nosa opinión, a cuestión é que a Lei que desencadeou toda esta actividade cibernética non é outra cousa que totalitaria.

Por suposto, os diferentes partidos políticos condenan heroicamente tal “acto vandálico” e dicen que “non van dar o brazo a torcer”. A coesión do estado está fóra de toda dúvida. Pois ben, resulta que o venres 5 de febreiro foi finalmente aprobada, cunha soa enmenda relativa a cuestións de xénero.

Por qué dicimos que é totalitaria esta reforma? Pois porque ao fío da emerxencia sanitaria incorpora certas cuestións preocupantes, afondando na liña que se viña dando:

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Difusión e recursos, Reflexión e análise | Comments Off on A lei Feijoo – Unha lei de Saúde que mira máis aló do sanitario [+PANFLETO]

Apreta a Covid en terras galegas… e as autoridades siguen o seu rumbo represivo e privatizador

En decembro de 2020 o SERGAS convocou por fin 973 ofertas de emprego. En pleno ano da pandemia, chama a atención que son aínda menos que as 1.057 convocadas en decembro do 2019.

Nada novo baixo o sol, é unha convocatoria perfectamente coerente co rumbo privatizador de Feijoo, análogo ao que acontece no resto do Estado e dos países “desenvolvidos”, particularmente desde a crise do 2008.

Ningunha mudanza no que atinxe ás condicións de precariedade que veñen denunciando xs enfermeirxs.

Iso si, agora que a enfermidade apreta confínannos de volta a todxs coas medidas máis duras.

Por outra banda, continúa a falta de atención presencial polo abuso da telefónica que fai que se saturen máis as urxencias.

En canto á falta de transparencia das nosas autoridades, o aviso do 20 de xaneiro da OMS sobre as PCRs pasa sen pena nen gloria polas autoridades sanitarias do Estado Español. No mesmo podemos ler:

“Cando os resultados da proba non se correspondan coas manifestacións clínicas débese tomar unha nova mostra, que se someterá á mesma ou a outra proba de amplificación de ácidos nucleicos.”

Ou sexa, que nunha persoa sen síntomas non é abondo cunha PCR positiva para diagnosticar Covid. Habería que facer unha segunda PCR, algo que por suposto non se está facendo. Ao depositar toda a confianza nun só testeo PCR (que ten varios problemas que xa se sinalaron cientificamente), leva a que se sobreestime a Covid, etiquetando como casos e mortes Covid cousas que non o son.

Por otra parte, continúan ametrallando nos medios para que depositemos toda a confianza nunhas vacinas insuficientemente probadas, das que tampouco se informa dos seus efectos adversos agudos (a largo prazo non se ten nin idea), nin da súa efectividade real.

…Continúan sen reformular un modelo de xestión de residencias que condenou a morte a máis de 27.000 persoas entre abril e xuño do ano pasado, continúan sen protexer aos maiores que non están en residencias (poñendo medidas para alixeiralos de cargas familiares, por exemplo).

…Continúan sen plantexarse os danos que as estrictas medidas dos centros escolares (probablemente máis estrictas que na maioría dos centros de traballo) podan estar tendo na infancia e mocidade…

Total, que apreta a Covid e por parte do poder temos máis do mesmo. Aguantaremos a chuvarada, pero toca seguir denunciando as incongruencias desta situación, nas redes e na rúa.

MENOS RESTRICCIÓNS E MÁIS SANIDADE PÚBLICA!
POLÍTICOS CULPABLES!

Ver tamén> Sobre o que NON fixeron as administracións para atallar a crise sanitaria, e sobre o que podemos facer para prepararnos para a que nos ven enriba

Posted in Reflexión e análise, Xeral | Comments Off on Apreta a Covid en terras galegas… e as autoridades siguen o seu rumbo represivo e privatizador

“Dicir que a vacina vai diminuír a carga da enfermidade, que vai diminuír a mortalidade, e que é o único camiño para parala e saír da pandemia; é faltar á verdade”

“O que vai facer a proposta da vacina só é que nos esquezamos da parte social. Con isto os gobernos xa non teñen que mellorar o sistema educativo público, non teñen que mellorar a saúde pública (que está polo chan), non teñen que mellorar a atención primaria, non teñen que mellorar a pobreza, non teñen que mellorar a habitabilidade, non ten que mellorar as condicións dos xornaleiros, non teñen que mellorar a situación dos inmigrantes que carecen de papeis, non teñen que implantar unha renda básica universal… o único que hai que facer é: a vacina. E a que xa hai. É unha pena porque a pandemia podería ser e aínda pode ser unha oportunidade para cambiar a sociedade”

Dr. Juan Gérvas

De aquí: [Video] Todo lo que querría saber sobre las vacunas covid en 17 preguntas y respuestas, en 17 minutos

Do mesmo autor: Transparencia y comunicación en tiempos de covid19. Sin ética, ni ciencia, ni confianza pública

Posted in Opinión científica, Reflexión e análise | Comments Off on “Dicir que a vacina vai diminuír a carga da enfermidade, que vai diminuír a mortalidade, e que é o único camiño para parala e saír da pandemia; é faltar á verdade”

Estudo coreano sinala que o omeprazol, un dos medicamentos máis usados no mundo, aumenta o risco de desenvolver Covid19 grave

Sobremedicación e Covid

O ano pasado, un grupo de Corea do Sur investigou unha posible asociación entre a exposición aos inhibidores da bomba de protones (abreviados como IBP; omeprazol, lansoprazol, esomeprazol, pantoprazol, rabeprazol…), e a gravidade da Covid nun grupo de adultxs que deron positivo ás provas para a nova enfermidade.

Estes medicamentos empréganse para reducir a acidez estomacal que se pode dar por diferentes motivos. Unha causa importante de acidez e úlceras, e para o cal se prescriben IBP en moitos casos, é a administración oral doutros medicamentos. Na nosa sociedade os hábitos insanos, a contaminación e a exposición química e electromagnética fan que exista actualmente unha auténtica epidemia de enfermidades crónicas (algunhas das cais, como diabetes e obesidade, tamén agravan a Covid). Estas son na maioría dos casos tratadas mediante fármacos. Por outro lado tamén existe moito sobrediagnóstico (ou máis ben deberíamos dicir diagnóstico fraudulento) debido a que as enfermidades crónicas son un apetecíbel negocio para a industria médica, porque implican prescripcións de medicamentos de por vida. Todo isto fai que tamén se consuman moitos inhibidores da bomba de protóns, para paliar a acidez ocasionada polo consumo doutras cápsulas e comprimidos.

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Difusión e recursos, Opinión científica | Comments Off on Estudo coreano sinala que o omeprazol, un dos medicamentos máis usados no mundo, aumenta o risco de desenvolver Covid19 grave

Pode ser que lle estean cargando á Covid “mortos” que son de Filomena?

Se é certo que a PCR ten algúns “problemiñas” que fan que dea moitos falsos positivos (ver aquí e aquí), e coñecendo a afición das autoridades e medios oficiais aos “rebrotes”… cumpre preguntarse por que a un temporal e vaga de frío que acada mínimos históricos de temperaturas só se lle achacan 4 mortes (a día 9, e imposible atopar ningunha nova máis desde entón), mentres nos falan dunha “terceira ola” de Covid.

Unha vaga de frío conleva un aumento dos ingresos hospitalarios e da mortalidade por un amplo rango de causas. Nomeadamente enfermidades infecciosas respiratorias que comparten parte dos seus síntomas coa Covid: resfriado, gripe, farinxite, larinxite, amigdalite e neumonía. Pero tamén condicións como hipertensión e accidentes cardiovasculares

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on Pode ser que lle estean cargando á Covid “mortos” que son de Filomena?

Preparémonos para despois do nadal… rebrote de tests?

ou “De que datos podémonos fiar?”

Con toda a desinformación distribuida nestes meses desde as burocracias interesadas que nos gobernan, directamente non podemos dar crédito ás súas alarmas. Nos meses precedentes temos asistido á creación dunha alarma social que trae graves consecuencias psicolóxicas, represivas, sociais, … E en retrospectiva podemos afirmar que en moitos casos de “rebrotes” esta alarma era infundada.

Agora levan uns días outra vez falando de alto risco, semella que como preparando a poboación para novas acentuacións das restriccións despois do Nadal. En que datos nos podemos fixar para valorar a veracidade desa nova ola?

Como comentan desde o Centre for Evidence-Based Medicine da Universidade de Oxford (ademáis, precisamente nun artigo sobre a xestión dos datos Covid no Estado Español):

“As mortes etiquetadas como Covid19 dependen de parámetros subxectivos mentres que o exceso de mortes ten a vantaxe de ser un estándar en relación a unha referencia: o número de mortes en anos anteriores. Se atopamos moitas mortes Covid19 durante un período pero o exceso de mortes é baixo ou negativo, é probable que esteamos a inflar os números Covid19. Ademais, o exceso de mortes adoita depender das temperaturas altas/baixas, é dicir, dos invernos fríos ou as ondas de calor. Por tanto, calquera aumento/diminución lixeira das mortes debe contrastarse coa temperatura.”

Vexamos a situación actual con estas precaucións en mente:

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Opinión científica, Reflexión e análise | Comments Off on Preparémonos para despois do nadal… rebrote de tests?