É pleno verán e fede a fascismo – Poñémonos ao día

Mentres tratamos por fin de desfrutar e distendernos un pouco co bon tempo e a suavización das restriccións, estase cociñando unha nova vaga de “positivos” e avanza a axenda represiva, sen ningún contacto xa coa realidade das mortes-Covid ou do risco de colapso sanitario. Seguimos atopando moitas contradiccións e irregularidades no discurso oficial:

⛓ O Tribunal Constitucional dá por válida a nova Lei de Saúde de Galicia, que extende a definición de “autoridades sanitarias” e dalles a capacidade de intervir bens e exercer compulsión sobre as persoas, arrogándose Xunta a capacidade de pasar por riba de dereitos fundamentais sen necesidade de Estado de Alarma. A lei completa AQUÍ

👃 Desde o 21 de xullo en Galiza en hostelería PODEN pedir un test de antíxenos negativo ou un certificado de vacinación, ou de ter pasado a Covid. Unha medida dirixida claramente a segregar á poboación, como unha nova coacción para que a poboación máis nova se vacine con substancias de máis que dubidoso balance risco-beneficio nas franxas máis novas. A asociación de hosteleir@s Hosfega oponse a esta medida [especulamos aquí sobre as razóns de tanta premura para inxectar estas primeiras “vacinas” á mocidade e á infancia]

‼️ Mentres avanza a lexislación represiva e nos medios continúa fomentándose o pánico, siguen pechando prazas hospitalarias. Porén, a pesar do sobrediagnóstico que se fai da Covid de momento parece que o repunte xeral de positivos non se reflexa nun aumento de mortes-covid segundo o Ministerio de Sanidade (>”Actualización n°…”, páx. 5)

💉 Conforme vai baixando a idade dxs que son chamadxs a inxectarse volta a alarma social e o sinalamento da mocidade. Mentres tanto, os efectos adversos e mortes que ocasionan as inxeccións estanse ocultando sistematicamente, desvinculando problemas de saúde das inxeccións aínda que haxa coincidencia temporal, ou mesmo facéndoas pasar como causadas polo Sars-Cov-2. Sen considerar outras consecuencias para a saúde (agudas como alteracións hormonais, miocardites; e crónicas aínda descoñecidas), a 20 de xullo 2021 recóllense case 19.000 mortes oficialmente atribuidas na UE  a estes produtos, e esta cifra pode ser mesmo 20 veces superior, posto que hai unha enorme infranotificación nos sistemas de alerta. Dado que as campañas de “vacinación” se dirixen a todas as persoas desde os 12 anos sen considerar factores de risco, podemos supor que moitos deses miles de persoas non terían falecido de Covid.

Ler máis:

✊ Pese ao silencio dos mass media, en Francia está organizándose unha forte oposición popular contra as coaccións para a vacinación. Despois de de varios días de mobilizacións, consiguen que o goberno francés recúe. Tamén en Euskadi, en Grecia, en Italia e Australia hai fortes protestas

🤬 Censuran a un dos científicos que desenvolveu a “vacina” de ARN por cuestionar o seu uso en Covid

💉 Agora dicen que “xa se sabía que as persoas vacinadas podían contaxiar”, cando isto non é o que publicitaran. Para a mocidade aportan algo máis que riscos?

💉 Unha investigación realizada na Universidade de Almería atopa indicios de presencia de grafeno na inxección de Pfizer (o mesmo tóxico que se atopara nalgunhas partidas de mascarillas que tuveron que ser retiradas). A CGT de Valladolid realiza un escrito pedindo que se investigue

⚠️ O goberno está tramitando unha reforma da Ley de Seguridad Nacional , que pode requerir a todos os maiores de idade en caso de crise e blindar para o Estado informacións de interese xeral

👃 A PCR sigue sendo un tongo, e o seu protocolo de deseño permanece inalterado e sen revisar desde xaneiro de 2020

💉 Nunha carta á OMS do virólogo Geert Vanden Bossche, o científico sinala que a vacinación xeneralizada é un erro que dá vantaxe adaptativa ás variantes máis problemáticas ao impedir o contacto dos virus cos mecanismos de inmunidade natural, máis efectivos. Isto acontece con outras medidas da estratexia “Cero Covid”, como os confinamentos xeneralizados. O premio Nobel Luc Montagnier tamén defendeu esta teoría. Pode estar confirmándose en vista da estreita correlación que se está vendo entre doses administradas e aumento de casos [ver tamén AQUÍ]

🔬 Actualmente é consenso científico que a letalidade do Covid é 20 veces menor que a que se estimou nun principio. Ese dato foi orixinalmente o que serviu de xustificación para a estratexia desarrollada inicialmente “para evitar o colapso”, pero non cambiou a pesar desta nova info

‼️ No último ano morreron en circunstancias extrañas 4 presidentes africanos de 52-61 anos que se opuñan ás vacinas da Covid. Recentemente foi asasinado o presidente de Haití, que en abril rexeitou as vacinas do fondo Covax. Tamén deteñen en Madagascar a varios sospeitosos de tramar asasinato do presidente

Estamos consentindo o avance do fascismo desde as institucións estatais, REACCIONEMOS!

Rompamos o silencio, difunde entre as túas achegadxs!

Non é conspiración, é o capitalismo en crise

This entry was posted in Contrainfo e disidencia científica, Difusión e recursos. Bookmark the permalink.