Por qué tanta presión para vacinar tamén a xóvenes e nen@s?

Versión en PDF AQUÍ [se o queres imprimir, en “tipo folleto” sae nun só A4]

As vacinas para a Covid, como é sabido, presentan un modo de actuación diferente do resto das vacinas utilizadas ata o 2020. Son vacinas de mecanismo xenético, que antes só se probaran no Oeste de África no brote de Ébola de 2014.

Agora, nun tempo record como para sometelas a ensaios de seguridade adecuados, estanse aplicando a enormes capas da poboación…

Por que fixeron diferentes estas vacinas? Porque son máis rápidas de desarrollar. Isto é unha vantaxe, pero presentan un inconvinte: non temos información sobre as súas implicacións a medio e longo prazo, só elucubracións teóricas. E son medicamentos que interactúan con mecanismos bioquímicos moi precisos do corpo (como é a producción de proteínas, a xeneración de inmunidade), polo que as posibilidades de que podan ter consecuencias graves non é despreciable.

Esta incertidume fai que en persoas que non presentan factores de risco ante a Covid, a súa utilidade sexa moi cuestionable, por un principio de prevención.

Sen embargo, as autoridades sanitarias empéñanse en coaccionar a toda a poboación para que se vacine. Por que?

Para evitar a transmisión”, dinnos. A costa de que? De introducir en corpos xóvenes sustancias que poden ter consecuencias durante décadas? Tanta confianza teñen nestes primeirísimos remedios? Por que non esperar un pouco a que se desenvolva unha vacina tradicional, sobre a que teríamos unha maior seguridade…?

Dámoslle voltas… Non hai un argumento científico que nos convenza, e menos nun contexto no que, pese ao alarmismo dos medios, as mortes oficialmente atribuídas á Covid se manteñen baixas, e o sistema sanitario vai moito que non se atopa en risco de colapso.

Unha hipótese: OS POLÍTICOS QUEREN SALVAR O CÚ

Pola sinxela razón de que canta menos xente quede sen inxectarse cos fármacos de ARN/ADN, máis fácil será facer pasar os eventuais problemas de saúde que podan ocasionar por “consecuencias dunha nova variante”, e así escurren a súa responsabilidade (as Farmacéuticas xa se desresponsabilizaron nos contratos cos gobernos). En realidade podemos estar xa asistindo a isto, xa que ultimamente hai un grande % de ingresos hospitalarios de persoas vacinadas -supostamente a maioría por Covid a pesar da vacina. Os países con máis presenza “da nova variante Delta” son tamén dos máis vacinados: Israel, Inglaterra, EEUU, coa excepción da India e Rusia (menos vacinadas) [datos de OurWorldinData.org] [Sobre isto podes ler tamén a carta á OMS do virólogo experto en vacinas Geert Vanden Bossche]

En calquera caso, o que lle importa á clase política é safar, non protexernos. Pensas que non exporían á infancia e á mocidade (a quenes pouco beneficio poden aportar as inxeccións) a danos descoñecidos, se con iso puideran apuntalar os seus asentos e as súas prebendas? Mmm… pode que non, pode que si… Esa é a pregunta que temos que facernos neste momento.

A maquinaria político-burocrática constrúe unhas verdades non sempre baseadas na realidade, posto que opera en base aos datos que ela mesma crea. Unha pequena entrada de información sesgada pode convertirse nunha grande intervención nociva. A burocracia non sempre opera con lóxica, pero iso si, pon todas as súas ferramentas para xustificar a súa verdade, incluindo untar ben aos medios de comunicación e ás redes sociais para que bombardeen medo sen descanso (e a maioría das veces sen xustificación). Ademáis, non esquezamos que está manexada por individuos que teñen os seus intereses particulares.

Pero por qué habían de querer impor un totalitarismo sanitario que desfai a economía? Se iso tampouco lles beneficia aos poderosos…?”

Certo, sorprende tanta arbitrariedade nas decisións simultáneas de varios países… De todas maneiras tampouco nos chamemos a engano: non en todos os países se está aplicando a mesma política sanitaria, e no Estado Español, entre outros, está sendo particularmente restrictiva.

Esta dinámica sorprende pero non é algo novo, podería ser a mesma que no pasado ten iniciado guerras inxustificables ou reximes totalitarios? Por outra banda, fin e ao cabo o problema sanitario está realmente aí, cun empuxonciño de pánico é abondo para que se distorsione a percepción do seu alcance real e se poda encauzar cara aonde interesa… aonde lles interesa aos que teñen máis influencia.

A nosa hipótese é que coa axuda de organismos internacionais con forte presenza privada, as democracias capitalistas atoparon na magnificación da pandemia unha vía para encauzar unha importante cantidade de reformas inminentes pero impopulares, que doutro xeito terían sido moi lentas ou imposibles de encarar, ou que atoparían unha ampla oposición.

Deron cunha narrativa que lles permitía reestructurar o sistema ante unha crise económica que xa se comezaba a sentir en 2019 (lembras o ano das revoltas arredor do mundo?). Os indicadores económicos xa advertían que tíñamos enriba unha crise moi superior á do 2008, á que hai que engadirlle tamén a cada vez maior escasez de petróleo, un deterioro ambiental máis acentuado, unha maior poboación, unha maior competitividade desde Asia…

Entón, isto vai de RECORTES…?¿

Como se reestructuran estas democracias para seguir facéndoas funcionar neste contexto de crise a varias bandas? Pois como se fixo de toda a vida: cortando o grifo, mediante políticas de auteridade, só que agora veñen disfrazadas de “política sanitaria”:

– EXCLUÍNDO A AMPLAS CAPAS DE POBOACIÓN de certos privilexios occidentais. É dicir, empobrecéndonos (pechando certos sectores económicos), reducindo os servizos públicos e o acceso aos mesmos, … Isto último estamos véndoo mesmo na Sanidade pública (en plena pandemia!), ou no teleensino, na falta xeral de atención presencial na administración,… Despois somos nós quenes temos que “aplanar a curva”.

– E por outro lado fomentando o medo ao virus, a censura, o CONSENSO NO SILENCIO, e a desmobilización que lles permita ir aprobando calquera tipo de lei ou proxecto controvertido que vaian precisando para manter a flote un barco que xa afundía antes da Covid. E claro, cos privilexios dos poderosos diante. Moito mellor (para os seus intereses) que dicirnos que o capitalismo tal e como o coñecíamos vaise á merda e que nós temos que pagar a conta.

Pero como fixeron para montar todo isto? Pois cun par de fraudes científicos: na proba PCR (que ten fallos de deseño que fan que dea un exceso de falsos positivos, ver cormandrostenreview.com), e isto á súa vez leva a unha esaxeración dos “casos asintomáticos”. (Que por certo non sabemos se a Xunta se quedou coa estimación inicial de que eran o 80% dos casos Covid, ou se se actualizaron ás últimas informacións que o sitúan nun moito máis lóxico 17%, según a revista Nature…).

Estes fraudes súmanse a unha clase científica excesivamente especializada, que na maioría dos casos non é capaz de considerar o contexto amplo máis aló do seu pequeño obxecto de estudo, para poder valorar a idoneidade ou non de toda esta voráxine. Clase científica, que tamén está sendo ademáis víctima dunha tremenda censura. A visión de conxunto repousa entón nunha clase política corrupta, e totalmente sometida aos organismos internacionais e aos intereses privados.

Invitámoste a darlle unha volta ao que ves todos os días con estas hipóteses en mente.

BASTA DE COACCIÓNS PARA QUE NOS VACINEMOS

BASTA DE CORENTENAS INNECESARIAS

BASTA DE SILENCIO

NON É CONSPIRACIÓN, É O CAPITALISMO EN CRISE

A ÚNICA SAÍDA É A REFLEXIÓN E A TOMA DE CONCIENCIA

PLANTÉMONOS

 

This entry was posted in Difusión e recursos. Bookmark the permalink.