Sobre nós / Contacto

Somos un grupo de persoas de distintos ámbitos, algunhas de nós traballadorxs sanitarias con diferentes formacións, movidas pola necesidade de informarnos adecuadamente no medio da confusión actual, independentemente de partidos, sindicatos, empresas ou organizacións subvencionadas.

Desde diferentes puntos de Galiza levamos compartindo información e debatindo desde marzo coa intención de interpretar o devir dos acontecementos que estamos a vivir desde a declaración da pandemia de Covid. Neste blogue pretendemos facer un compendio das informacións máis relevantes que nos foron encamiñando neste proceso, e usámolo como ferramenta para extender certos cuestionamentos máis aló do noso entorno inmediato.

E por que “Saúde Mutua”? Porque consideramos que hoxe máis que nunca é necesario reivindicar que a saúde depende tamén da capacidade humana de coidarnos e axudarnos mutuamente, non é unha dimensión individual aillada senón algo interconetado co colectivo, co entorno social que nos arrodea.

O noso mail:
saudemutua[a]riseup.net

Grupo de Telegram:
https://t.me/joinchat/WO8ir2iYJqZbLaHG