A maioría da poboación enteraríase pola noticia de “La Coz a Galicia”, na que “informaba” sobre un “ciberataque” contra a web do Parlamento Galego. Identificaba tamén ás autoras como “negacionistas y antivacunas”… Alguén tenlle que preguntar a ese iluminado xornalista se sabería atopar as 8 diferenzas entre “negacionista/antivacunas”, e antifascista.
Á marxe do absurdo de etiquetar como ciberataque o uso por parte das cidadás dunha plataforma que supostamente o parlamento ofrece para expresar a nosa opinión, a cuestión é que a Lei que desencadeou toda esta actividade cibernética non é outra cousa que totalitaria.
Por suposto, os diferentes partidos políticos condenan heroicamente tal “acto vandálico” e dicen que “non van dar o brazo a torcer”. A coesión do estado está fóra de toda dúvida. Pois ben, resulta que o venres 5 de febreiro foi finalmente aprobada, cunha soa enmenda relativa a cuestións de xénero.
Por qué dicimos que é totalitaria esta reforma? Pois porque ao fío da emerxencia sanitaria incorpora certas cuestións preocupantes, afondando na liña que se viña dando:
» Continuar a ler:
– Amplía o segmento de poboación que o poder valida para exercer a violencia no seu nome, unha especie de “cidadáns con funcións parapoliciais” que agora propoñen chamar autoridades sanitarias. Ata agora esta designación estaba reservada para determinados cargos das administracións do Estado, inspectores de sanidade e alcaldes. Agora convírtense tamén en autoridades sanitarias “os profesionais sanitarios que, no desempeño das súas funcións como empregados públicos, teñan asignadas funcións de detección, seguimento e control das enfermidades transmisibles nos supostos de crises sanitarias declaradas ou epidemias”. Ademáis de “todo o persoal ao servizo da Administración autonómica e local que desenvolva actividades de inspección”
– E que poden facer estas novas autoridades sanitarias? Pois “solicitar en todo momento a colaboración dos cidadáns e facerlles requirimentos individuais a estes, por razóns sanitarias vinculadas á contención da enfermidade, que serán de obrigado cumprimento. No exercicio das súas funcións, as autoridades sanitarias e os seus axentes poderán solicitar o apoio e a cooperación doutros funcionarios públicos, incluídos os das forzas e corpos de seguridade.”
– E para que? Pois para mirar pola nosa saúde, claro (iso si, segundo o seu criterio): “Sometemento das persoas enfermas a tratamento adecuado.”; “Medidas de control das persoas que estean ou estivesen en contacto coas persoas enfermas, como o sometemento a unha corentena no domicilio ou noutro lugar adecuado para tal fin.“; “Sometemento a observación ou a medidas de vixilancia do estado de saúde, a exame médico ou a probas diagnósticas de persoas que presenten síntomas compatibles coa enfermidade transmisible de que se trate ou de persoas respecto das cales existan outros indicios obxectivos de que poidan supoñer un risco de transmisión da enfermidade.”; “Sometemento a medidas profilácticas de prevención da enfermidade, incluída a vacinación ou inmunización“.
– E como van facer todo isto? Aconsellando e dando opcións á poboación? Nooon, tirar por aí implicaría respeitar os Dereitos Humanos e non estamos para lerias… “A execución das medidas poderá incluír, cando resulte necesario e proporcionado, a intervención directa sobre as cousas e a compulsión directa sobre as persoas, con independencia das sancións que, de ser o caso, se poidan impoñer”.
Todo isto, como ben sabe a esquerda, vai ser absolutamente polo noso ben, só temos que confiar nos gobernantes. Os mesmos que non contratan persoal médico a pesar do colapso que provoca a Covid, os mesmos que levan décadas desmantelando a sanidade pública, os mesmos que tratan de escorrer o bulto pola inxente cantidade de mortes que se produciu nas residencias entre marzo e abril do ano pasado mentres criminalizan á xuventude por un botellón que ocasiona unha ducia de “positivos”… Matar virus a cañonazos.
É necesario dicir que tal reforma entra en contradicción con esta recente resolución da asemblea parlamentaria da UE, o cal a bote pronto fai pensar que non podería continuar adiante. Tamén se apuntou que en realidade é inconstitucional. Aínda que non está de todo claro, e a proposta xa foi aprobada e según a web do Parlamento de Galicia só queda que sexa publicada no DOG para entrar en vigor.
Máis aló do sanitario
Esta escalada represiva apunta directamente a un reforzamento do Estado e as súas decisións, mentres que por outro lado os mesmos políticos que a levan a cabo continúan privatizando os servizos públicos. Pero esta aparente contradicción só se comprende en toda a súa dimensión se consideramos o rumbo que veñen propoñendo nos últimos anos os popes do capitalismo, como os do Foro Económico Mundial.
Baixo un manto “hippie” e bonrollista, esta institución ven teorizando toda unha necesidade de reestructuración do capitalismo, que, segundo eles, ten que avanzar -se o espimos de todos os adornos retóricos- cara a: 1. dixitalización; e 2. o que chaman a “colaboración público-privada”. Parece que se aplicaron e por fin mudaron un pouco o discurso neoliberal que estuvo tan en voga nos 90s-2000s.
Semella bonito. Podería ser o fin da rentabilidade como guía de toda decisión política? Podería ser por fin a aplicación da tecnoloxía para os intereses das persoas? Non nos confundamos. Son os popes do capitalismo, eses mesmos que din que hai que acabar coa “propiedade privada” (ver tamén aquí) mentres continúan a súa acumulación… Máis ben se trata de manter a rentabilidade nun contexto de crise. Para o cal fai falla desarmar certos remanentes do estado de benestar, e mesmo precarizar directamente á poboación, porque “xa non hai para todos”. En 2008 chamábanlle “apretar o cinto”, agora teñen un bicho a quen botarlle toda a culpa…
A solución adoptada para saír das anteriores crises esgotouse. Xá non é posible continuar pola via de pór a funcionar a máquina de diñeiro falso, o recurso habitual do sistema, que xeraba enormes burbullas financieiras que remataban no colapso, un colapso que se está a escenificar nun contexto global de alarma sanitaria.
Cun capitalismo totalmente globalizado, unha capacidade bélica monstruosa e unhas limitacións ambientais mais que insostíbeis, o recurso á guerra entre estados, outra das ferramentas de “dinamización” económica amplamente recorridas na historia, parece que foi descartada, de momento. Mas compre non desviar a ollada de esta posibilidade, á que a esquerda tamén parece imune, mentres os movementos de tropas sucederonse ao longo do planeta nos últimos meses.
Mais a guerra atual parece que se vai producir en termos “de clase”, dun xeito mais explícito que nunca. A desaparición da clase media, por medio da depauperación absoluta e da desaparición do estado de “benestar”, un proceso que xa estaba en andamento, estase a acelerar de xeito exponencial ante a ollada pasiva da esquerda clásica, paralisada e desarmada polo discurso sanitario. A deriva totalitaria dos estados coa excusa da saude pública, non se comprende sen entender a ameaza que supón para o novo proxecto capitalista a rebelión popular. Unha rebelión que só parece entender a extrema direita, pois a esquerda ten deixado de lado o seu papel “vanguardista” para somarse aos discursos paralisantes de control da populación en nome do control da pandemia.
Non nos fartamos de repetilo: en 2019 o sistema estaba vendo como revoltas moi potentes se erguían en distintos puntos do globo contra a suba dos combustibles (Francia, Chile, Ecuador, …), porque xa comeza a escasear o petróleo. No mesmo ano vimos como a débeda global superaba ata nun 40% aos valores do comezo da crise de 2008. Todo o sistema que se edificou no último século sobre a disponibilidade de petróleo barato e o aumento disparatado do seu consumo, comezou ao fin a tremer.
Neste contexto, a nosa hipótese é que se fixo necesaria unha intervención para que os grandes axentes económicos puideran coller vantaxe, e que, se se vai agudizar a crise, puideran levar eles a iniciativa. Chámalles “Bill Gates” ou como queiras, non vivimos nun mundo igualitario e existen os poderosos. E casualidade ou non, apareceu a Covid, e aínda que con diferentes taxas de mortalidade pola nova enfermidade, a enorme maioría dos Estados occidentais tomaron o mesmo rumbo: Estado de Excepción.
Precisamente, e mírese como se mire: a burocratización e a ampliación do poder dos estados, a súa colaboración coas grandes empresas, e a dixitalización de todo o que se poda, foron rasgos definitorios do 2020. Coa crise da Covid as nosas autoridades comprenderon por fin que o mantemento do sistema do que son beneficiarios pasa por aí, decataronse da oportunidade que supuña o virus para facer este tipo de “reaxustes”.
Neste contexto acontece ese “despoxarse do peso morto” que supón o sector público. E visto o que aconteceu con toda impunidade nas residencias do Estado español (e de medio mundo) poderíamos apuntar que tamén se despoxaron de moitos pensionistas. A falta de reforzo dunha sanidade pública xa depauperada podería facernos supor que non está na súa axenda acabar co colapso sanitario.
A isto poderíamos engadir o xa mencionado mal uso dos tests PCR que foi denunciado en diferentes ocasións por multitude de científicxs, que leva a efectos prácticos a que variando protocolos de labotarorio (por decisión “técnica”) podan facer aparecer un maior grao de falsos positivos alá onde se lles cante.
Mentres tanto montan un circo mediático de terror para confundir e policializar á poboación, e desactivar e perseguir preventivamente a toda posible disidencia.
Un circo ao que claro, vai unida unha lexislación de excepción altamente arbitraria, e que ameaza con facerse permanente. Con medidas como o toque de queda, ou por exemplo esta Lei “de Saúde”. Un estricto sistema de control e contrainsurrecional, para en tempos de crise e de adaptación do capitalismo a esta crise, previr que nos ergamos cando nos vaian pasando a factura.
A lei aquí: https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B110090_2.pdf
Ver tamén: Presunción de legitimidad y estado de alarma (“Lo que dice Feijóo de que una reforma de la Ley de Salud Pública podría dar cobertura a la presunción de legitimidad de los actos limitativos de derechos fundamentales, simplemente no es verdad”)