PODERÍA A VACINACIÓN DE XENTE XOVEN ESTAR AGRAVANDO A PANDEMIA? E COMO?

(versión en castellano aquí)

Voltamos despois dunha longa pausa.

A data de decembro 2021 a presión para vacinarse de covid é moi intensa na Galiza. Atopámonos nunha das 10 comunidades que esixen o certificado para algún dos ámbitos sociais (nomeadamente hostelería e ocio nocturno). Ademáis, as autoridades estatais comezan a falar dunha 3ª dose das inxeccións para toda a poboación e acaban de aprobar a vacinación-covid infantil.

Neste contexto queremos apuntar brevemente as que consideramos as principais obxeccións científicas ao avance da campaña de vacinación indiscriminada, para despois deternos nunha que pensamos que é pouco comprendida, e que implicaría que a vacinación xeneralizada podería estar agravando a pandemia ao favorecer variantes. Finalmente, queremos apuntar a maneira na que pensamos que realmente poderían axudar as vacinas-covid actuais.

Apuntamos razóns biolóxicas, aínda que tamén consideramos que existen importantes razóns sociais e políticas, que mencionaremos brevemente ao final do artigo:

1. No hai para a maioría da población evidencias de que poñer unha 3ª dose da mesma vacina aporte unha maior inmunidade frente á enfermidade, xa que o ascenso do nível de anticorpos tras a súa administración non implica que exista máis capacidade de neutralizar o virus. Con “a mesma vacina” referímonos a vacinas baseadas na mesma proteína Spike da variante orixinal (que son as disponibles ata o de agora). A priori poderíamos pensar que para as persoas maiores ou inmunocomprometidas podería ser interesante, pero para unha persoa cunha boa resposta inmune debería ser superfluo cando vai menos dun ano das outras dúas doses. Superfluo, ou negativo, xa que un exceso de anticorpos podería relacionarse con desordes auto-inmunes. Ademáis, como veremos a continuación, consideramos que continuar coa vía de vacinar a xente sen factores de risco pode ser contraproducente a nivel de inmunidade poboacional.

2. Por outra banda, outra dose si que nos expón outra vez á posibilidade de efectos adversos das novas tecnoloxías de vacinación (de ARN, ou ADN no caso de AstraZeneca): nomeadamente trombose, miocardite, alteracións menstruais e mareos. Estes son os coñecidos, a longo prazo non os coñecemos aínda.

Neste artigo do International Journal of Legal Medicine reclámase a necesidade de realizar de autopsias para clarificar a causa real de numerosas mortes acontecidas nas semanas sucesivas á vacinación. Algo que outra vez non se está facendo porque implica abrir a posibilidade de cuestionar as políticas sanitarias dominantes (lembramos a prohibición de facer autopsias cando comezou todo…). Tamén un artigo da revista científica Circulation advertiu en novembro´21 de que as vacinas de ARNm poden aumentar dramaticamente os marcadores de inflamación endotelial e de síndrome coronaria agudo. Por outra banda, a nivel mediático asistimos nos últimos meses a unha importante vaga de accidentes vasculares en deportistas.

3. As actuais vacinas contra a Covid non crean inmunidade poboacional. Sabémolo desde xaneiro.

Estas vacinas non crean inmunidade nas mucosas, co cal, aínda que supostamente reduzan a posibilidade de desenvolver síntomas graves nas persoas vacinadas e reducan a transmisión, non a impedirían por completo. (Dicimos supostamente porque a certeza destes beneficios das vacinas está só apoiada en estudos observacionais e non en ensaios, polo cal está en discusión a dimensión e duración do mesmo). Ao reducir o desenvolvemento de síntomas, as persoas vacinadas diseminarán unha menor cantidade de virus, pero máis persoas permanecerán asintomáticas, co cal menos conscientes de esta diseminación. Ademáis, … (seguinte punto)

4. …Os virus que diseminan as persoas vacinadas tenden a ser resistentes á inmunidade vacunal. Polo que a vacinación masiva pode estar favorecendo a aparición e desenvolvemento de variantes máis resistentes á propia vacinación. Isto pon particularmente en perigo ás persoas con maior risco-covid, que poderían ver ameazada a súa inmunidade vacinal. Este proceso, semellante ao desenvolvemento de resistencias aos antibióticos por parte das bacterias, neste caso se denomina “escape inmune”.

5. Existe un fenómeno denominado ADE (de antibody-dependent enhancement, potenciación dependente de anticorpos) mediante o cal algúns virus vense favorecidos pola presenza de anticorpos. Isto acontece cando existen nas persoas anticorpos de baixa calidade, que xa non neutralizan ao virus completamente porque houbo mutacións nas proteínas do virus que os anticorpos toman como referencia. Entón eses anticorpos non neutralizantes (ou subóptimos) fíxanse ao virus e impiden que a inmunidade natural actúe, e ocasionan unha maior penetración do virus nas células. Sábese que na patoloxía dos coronavirus este fenómeno adoita xogar un papel importante, e foi de feito, a causa para que se abandonara a investigación dunha vacina contra o Sars-Cov-1 baseada na súa proteína Spike. Nun artigo de Nature podemos ler: “As medidas para reducir os riscos de ADE das inmunoterapias inclúen a inducción ou a liberación de altas doses de potentes anticorpos neutralizantes, en lugar de concentracións máis baixas de anticorpos non neutralizantes que terían máis probabilidades de causar ADE.” Unha terceira dose en persoas inmunocompetentes supón unha (outra) alta dose de anticorpos neutralizantes, pero… siguen sendo neutralizantes para as novas variantes que surxen no medio dunha pandemia? Para aprofundar neste asunto recomendamos este artigo.

 

ESCAPE INMUNE – A ADVERTENCIA DE GEERT VANDEN BOSSCHE

Hai un enorme impacto da intervención humana, no xeito no que evoluciona o virus, na resposta inmunitaria colectiva da poboación.” Geert Vanden Bossche

Neste artigo non imos aprofundar na cuestión dos efectos adversos, nin da potenciación dependente de anticorpos (ADE), senón que imos deternos un pouco máis no punto 4, que pensamos que refuta por completo a idea de que vacinarse as persoas xóvenes implica protexer ás maiores. A posibilidade dun escape inmune favorecido pola vacinación xeneralizada xa foi advertida polo virólogo e científico de vacinas Geert Vanden Bossche en marzo do 2021 mediante unha “Carta aberta á OMS”, que o organismo internacional desoiu. Vanden Bossche é un acreditado experto con experiencia no desenvolvemento de vacinas e no seu uso nun entorno poboacional, cun amplo currículum que inclúe postos de responsabilidade na GAVI e na fundación de Bill e Melinda Gates (parte do seu currículum aquí). O feito de provir da industria das vacinas e e manifestar as súas esperanzas nun novo tipo de vacina gañoulle a enemizade en grande parte dos círculos críticos coa xestión da pandemia. Dicir que para a maioría destes científicos críticos con Vanden Bossche, o problema fundamental das vacinas (ademáis dos seus efectos adversos descoñecidos a medio prazo), é a potenciación dependente de anticorpos que mencionábamos antes.

Geert Vanden Bossche

Desde o privilexio de coñecer como se desenvolveu a situación desde que redactou a súa carta, parécenos que nalgúns puntos Vanden Bossche pecou de esaxeración. Sen embargo, consideramos que algunhas das súas hipóteses son o suficientemente coerentes con feitos que vimos observando nos últimos meses en países como Israel, cun elevado índice de vacinación pero que continúa con graves problemas para controlar a enfermidade; coa aparición de variantes altamente contaxiosas; e de mutacións que apuntan ao escape da inmunidade vacinal. De todos xeitos, deixaremos de lado certas interpretacións deste autor que non partillamos e centrarémonos nas que si.

Temos que ter presente que as vacinas contra a Covid que se están empregando ata o de agora presentan todas elas unha característica común: inmunizan todas frente a unha proteína Spike igual. Sobre o inadecuado desta situación xa se pronunciaron persoas do ámbito científico a comezos do 2021.

Por outra banda, debido a que, como dicíamos antes, estas vacinas non presentan inmunidade de mucosas (os tecidos máis superficiais do sistema respiratorio), acontece que o virus tamén é diseminado por parte de persoas vacinadas nalgunha medida, aínda que teñan unha menor posibilidade de sufrir complicacións. Dícese que é unha vacina non esterilizante. A maioría das vacinas son tamén non esterilizantes, non evitan completamente a transmisión. Pero é necesario apuntar que existe unha grande diferencia entre aplicar unha vacina non esterilizante de maneira profiláctica (moito tempo antes de expoñerse ao patóxeno) e facelo no medio dunha pandemia. Sobre isto voltaremos máis abaixo.

Estas circunstancias, segundo Vanden Bossche e as súas colaboradoras, nun contexto de presenza abundante do virus poderían ocasionar un proceso de selección de variantes que escapen á vacina (á inmunidade xenerada pola vacina, para sermos exact@s). Este proceso é coñecido como escape inmune.

[Como apunte, o desenvolvemento de variantes non se debe tomar como un feito natural nunha pandemia, por exemplo sabemos que na pandemia de gripe de 1918 non se produciron variantes a pesar de desenvolverse no medio dunha guerra que afectou a grande parte de Europa, cos seus movementos de tropas, insalubridade, …].

 

COMO PODERÍA A VACINACIÓN XENERALIZADA FAVORECER O ESCAPE INMUNE?

Pois pensemos cómo funcionaría nun caso concreto, por exemplo, en “Maruxa”, que é unha muller que está vacinada de covid e vive no centro de Vigo.

Maruxa pilla o coronavirus. En primeiro lugar, o microorganismo comeza inmediatamente a reproducirse no seu corpo. Como está sometido a unha cacería por parte do sistema inmune de Maruxa, ela non desenvolve síntomas graves. Porén, nas células de Maruxa prodúcense moitas copias do virus. Pola probabilística dos procesos biolóxicos, estas copias non son exactamente iguais. Hai unha variabilidade, danse mutacións espontáneas e créanse copias de coronavirus con proteínas un pouco diferentes. Poñamos por caso que unha desas mutacións presenta unha proteína Spike un pouco diferente (frente á que inmunizan as vacinas). Estas mutacións tamén son diseminadas por ela, e se Maruxa non se decata inmediatamente de que ten Covid (ou non se decata en ningún momento porque permanece asintomática), estas poden saltar ao sistema respiratorio doutras persoas. Resumindo: que Maruxa, vacinada de covid, se o pilla e non se decata, disemina menos virus PERO tenderán a ser virus que consiguen escapar da vacina, e Maruxa é probable que fique asintomática.

Podería obxectarse: pero o mesmo pasaría no caso das persoas non vacinadas que se inmunicen de maneira natural ao coller o virus. A diferencia é que as persoas con inmunidade vacinal teñen todas anticorpos contra a mesma proteína de superficie da variante a partir da que se creou a vacina. En oposición, as persoas que se inmunizan de maneira natural van desenvolvendo anticorpos contra diferentes proteínas das diferentes variantes que se atopan “sobre o terreo”. Entón, no caso das persoas vacinadas, teremos sempre o mesmo proceso de selección, repetido unha e outra vez.

Se só fóra Maruxa no centro de Vigo, isto sería probablemente anecdótico, pero estamos falando de que este mesmo proceso se pode dar no 55% da poboación mundial (según OurWorldInData.org), que é a que xa recibiu polo menos unha dose de vacina-covid contra a mesma proteína Spike (a da cepa orixinal). É só cuestión de tempo e probabilidade para que prolifere unha variante cunha proteína Spike o suficientemente diferente da orixinal como para que a inmunidade adquirida pola vacina xa non funcione. E isto poría ás persoas de risco na mesma situación de perigo que no primeiro momento da pandemia.

O SISTEMA INMUNE DE CADA UNHA

Mergullemos só un chisco máis no asunto para comprendelo ben. Describiremos a continuación como funciona a resposta inmune colectiva frente a unha epidemia.

O sistema inmune que temos as persoas é un sistema bioquímico-celular que ten dúas rutas fundamentais: a innata e a adquirida.

A primeira chámase innata porque é un tipo de inmunidade coa que nacemos, e caracterízase por ser máis rápida, pero menos específica, menos precisa. Esta vía é a “primeira liña” contra os patóxenos, e posúe unhas células e uns anticorpos innatos que reaccionan contra innumerables macromoléculas -azúcares, proteínas de superficie… – das células ou virus que non recoñece como propios, do individuo particular (porque tamén hai endovirus humanos coas súas funcións no noso organismo).

Este tipo de inmunidade é moi potente nas crianzas pero merma cos anos, e co desgaste de enfrontarse a enfermidades, en persoas inmunocomprometidas etc…

A inmunidade adquirida, é a que se desenvolve cando falla a i.innata (e aparece a enfermidade). As vacinas interveñen nesta ruta. Esta vía remata en condicións naturais coa creación de células de memoria productoras que despois dun proceso de maduración producen uns anticorpos moi específicos (células B). Estas células de memoria idealmente se conservan no corpo mesmo moitos anos (mellor dito, as células da súa linaxe descendente). É unha resposta que se desenvolve de maneira máis lenta, pero cando está completamente madura é moito máis eficaz, e, moi importante, que che protexerá cando sexas maior e che falle a inmunidade innata.

Como comentamos, nas dúas rutas hai anticorpos, pero acontece que os anticorpos específicos da i.adquirida son moito máis afíns polas macromoléculas dos patóxenos. Polo que cando se activa a ruta da i.adquirida, inactívase a da i.innata.

 

O SISTEMA INMUNE DE TODXS XUNTAS.

A nosa inmunidade non evolucionou ao longo de millóns de anos nun contexto individual, senón nun contexto grupal, e como tal, as respostas inmunitarias deberíamos consideralas a nivel colectivo. Cómo funciona a resposta inmunitaria no contexto dunha poboación?

En condicións naturais, nun proceso de infección dunha poboación por parte dun patóxeno prodúcese un fenómeno un tanto extraño e contradictorio, que obedece á maneira na que se xenera a inmunidade colectiva. Unha epidemia natural adoita caracterizarse por varias “olas”, frente as cais a poboación vese cada vez máis preparada. Na primeira onda, ninguén ten anticorpos, entón só contamos coa vía da inmunidade innata. As primeiras mortes na primeira onda son todas en personas cunha inmunidade innata moi feble. No caso da covid, isto foi particularmente evidente en marzo-xuño do 2020, sendo as persoas maiores as principais afectadas.

A segunda onda, e isto é o contradictorio, afecta máis á poboación máis nova. Tamén o vimos na Covid, conforme a pandemia avanzaba, máis xente nova era afectada pola enfermidade. Por que sucede así? Esas persoas novas afectadas pola enfermidade probablemente estuveran vivindo nese momento un segundo contacto co virus, mentres os seus anticorpos adquiridos non estaban completamente maduros. Pero estaban, e como son moito máis afins ás moléculas do patóxeno e se producen en maiores cantidades, desprazan aos anticorpos innatos. Poderíamos dicir que cando hai inmunidade adquirida, bloquéase a ruta da inmunidade innata.

Os anticorpos adquiridos poden non estar maduros (chámaselles anticorpos subóptimos) por dúas razóns:

>Por unha cuestión de tempo nalgunhas persoas: voltácheste reinfectar antes de que lles dera tempo a madurar. Isto aconteceu de maneira particularmente acusada nesta pandemia porque estamos ante un virus cunha grande capacidade de contaxio, que é facil que volte “antes de tempo”.

>Ou se na primeira onda pillaches covid asintomático ou suave e non se puxo a andar de maneira intensa a maquinaria da inmunidade adquirida.

>Ou se tes algún problema ou vas maior e os teus anticorpos non maduran adecuadamente.

Pero… de que serve ter unha reacción tan pésima á primeira infección? na que individuos que a poderían resolver coa súa inmunidade innata, en lugar diso poñen en funcionamento anticorpos subóptimos que ocasionan unha maior reinfección e ameaza de enfermidade? Pois si, semella contradictorio... En realidade é unha adaptación para reducir temporalmente a presión inmunitaria sobre patóxenos moi contaxiosos (que voltan rápido). Unha adaptación que evita a aparición de variantes, mentres se vai gañando tempo e cada vez máis individuos van desenvolvendo unha resposta inmunitaria madura contra a variante orixinal (e robusta, xa que é contra diferentes macromoléculas de superficie desa variante orixinal).

Evolutivamente chegouse a esta especie de “concesión” (que posibilita temporalmente que máis xente desenvolva a enfermidade) para xestionar da mellor maneira as cousas: non perseguir temporalmente ao virus -e que así prevaleza a variante orixinal, xa que aínda ten posibles hospedadores- ata que as nosas armas para atacalo estean completamente desenvolvidas. Se lle atacásemos con anticorpos antes de tempo, antes de que unha parte importante da poboación conte con diversos tipos de anticorpos maduros que corten a transmisión, estariamos a favorecer a selección de variantes adaptadas a escapar ao noso ataque. Como consecuencia, pagamos certo prezo a nivel individual (mesmo coa vida de máis individuos) pero a poboación afórrase a carga da aparición de cepas virais aínda máis perigosas. Así, nas pandemias naturais non adoitan aparecer diferentes variantes.

Advertencia: non estamos dicindo que isto sexa un sistema ideal nin xusto, tan só estamos expoñendo como funciona o sistema inmune nun contexto poboacional. Facémolo para ilustrar cómo en condicións naturais foise seleccionando esta inusual maneira de funcionar porque evita a aparición de variantes, polo que parécenos unha boa idea consideralo como unha prioridade.

 

CÓMO A XESTIÓN ACTUAL DA VACINACIÓN PODE ESTAR FAVORECENDO O ESCAPE INMUNE:

No contexto actual de Covid e a intervención das vacinas… como cambia este modelo de funcionamento?

Pois as primeiras diferenzas evidentes son que todos os individuos vacinados teñen idénticos anticorpos fronte a mesma proteína de superficie (a famosa proteína Spike da variante orixinal), e que esta inmunización vacinal non lles provee de inmunidade de mucosas, polo que todas as persoas vacinadas que se contaxian están diseminando virus que están continuamente a ser presionados evolutivamente na mesma dirección. (*A xente inmunizada naturalmente si ten inmunidade de mucosas e non disemina virus). Ademáis, falamos dun virus cunha grande capacidade infectiva (pode evolucionar rápido). Estes factores, unidos ao feito de que se está presionando para vacinar de maneira xeneralizada ao 100% da poboación; apuntan na mesma dirección de favorecer variantes que escapan á inmunidade vacinal. O que en particular sería moi perigoso para as persoas de risco, xa que volvería inútiles as vacinas.

Ao mesmo tempo, que haxa máis persoas xoves que se están vacinando implica que as persoas que teñen a función de desenvolver a inmunidade poboacional non o están facendo porque, como apuntábamos antes, estes anticorpos vacinais desprazan aos anticorpos innatos. Bloqueándose así a vía da inmunidade innata, que é a que podería rematar coa posta en marcha de anticorpos adquiridos contra aversión actual do virus” e contra diferentes partes diferentes do mesmo (e non só contra a proteína Spike estandarizada). No momento que a evolución do virus esquive a inmunidade vacinal, haberá moi poucas persoas que teñan anticorpos contra outras zonas do virus.

Recapitulando: que a xente nova sen risco-covid se vacine sería negativo porque:

-Contribuiría a favorecer a aparición de variantes máis infecciosas e/ou que podan escapar á inmunidade vacinal (poñendo nun maior perigo ás persoas de risco que se vacinen)

Reduciría a cantidade de persoas que desenvolven unha inmunidade poboacional robusta (diferentes persoas inmunízanse contra diferentes partes do virus, a inmunidade poboacional vaise adaptando ás sucesivas variantes, e é unha inmunidade que corta a transmisión viral).

variante H7N9 do virus da gripe, fuxitiva da inmunidade vacinal

 

CÓMO PODERÍAN AS VACINAS AXUDAR NESTA PANDEMIA?

Pois, en primeiro lugar, parécenos indispensable desenvolver criterios comúns para reducir a posibilidade de escape inmune, en lugar de insistir na opción de “a máis, mellor” de impoñer a opción que máis convén co trasvase indefinido de capital a grandes empresas farmacéuticas e coa vontade estatal de expansión e control.

Xa o feito de que as vacinas disponibles funcionen con novas tecnoloxías de ARN ou ADN non aprobadas antes para o seu uso en humanos levábanos a considerar a máxima precaución no seu uso, polas posibles reaccións adversas aínda descoñecidas a medio e longo prazo. Ademáis isto vímolo respaldado nestes meses cunha importante evidencia de danos producidos por estas vacinas. Polo que sabemos ata agora sobre todo tromboses e miocarditis, pero hai moi pouca investigación sobre o asunto, que é un tabú xeneralizado e é constantemente censurado polas autoridades sanitarias e os medios de comunicación.

Pero é que ademáis, desde o punto de vista inmunolóxico parécenos unha aberración poñer todos os ovos na mesma cesta. Faise necesario deixar campo ao desenvolvemento natural da inmunidade na parte da poboación que poda asumilo. Por ser máis efectiva e actualizada frente á constante evolución do virus, e porque deste xeito estaríamos contendo o xurdimento de variantes máis perigosas.

Se quixéramos considerar as advertencias das científicas mencionadas poderíamos actuar nalgún destes factores:

Diversificar as vacinas: favorecer vacinas que creen inmunidade frente a distintas macromoléculas do virus (agora teríamos que preocuparnos tamén polas diferentes variantes). Parécennos especialmente interesantes neste sentido as vacinas de virus inactivados, xa que no seu caso, cada individuo xenera inmunidade adquirida frente a unha macromolécula diferente do virus (que na vacina vai completo, pero inactivado). Tamén son interesantes as vacinas proteicas con diferentes proteínas Asimesmo, priorizar vacinas que produzan inmunidade nas mucosas (se surxen).

Deixar de vacinar ás persoas que non teñen situacións de risco. Sen ter a certeza de cómo estas vacinas funcionan a nivel de inmunidade poboacional non se deberían aplicar en persoas con capacidade de sobrelevar a Covid. As persoas non vacinadas que contraen Covid son as que están construindo a inmunidade poboacional real e a adaptación ás novas cepas, xenerando anticorpos altamente específicos contra diferentes moléculas de superficie das diferentes variantes que podan ir surxindo, e xenerando inmunidade de mucosas (que corta a transmisión). Os sistemas inmunes destas persoas teñen unha capacidade moito maior que a da industria para controlar a infección e ir adaptándose á variabilidade que poda ir desenvolvendo o virus. Porén, non soamente é por unha cuestión sanitaria que é necesario asumir a responsabilidade de non ceder ante a presión de vacinarnos, senón tamén por unha cuestión política. É absolutamente intolerable que se trate de coaccionar e segregar á poboación en base ás decisións persoais sobre a súa saúde, é intolerable condicionar o exercicio dos dereitos fundamentais a ningún tipo de certificado. Pero ademáis se atendemos a que nin sequera está claro que a vacinación en persoas sen risco covid non sexa contraproducente a medio prazo a nivel poboacional, pode ser tamén unha enorme neglixencia sanitaria. Consideramos que neste punto radica un dos compromisos políticos máis importantes do noso tempo, e que é indispensable termos valentía e deixar de eludir o conflicto para facerlle frente a esta grave agresión á poboación.

Organizar a protección focalizada das persoas vulnerables. Isto ven sendo demandado desde vai meses por uns 60.000 médicxs e científicxs de todo o mundo. Prioritariamente, consideramos necesario que os Estados poñan medios para o coidado das persoas maiores que conviven cos seus familiares. Tamén vacinar ás persoas con risco-covid (e cunha probabilidade significativa de contaxiarse), cando os posibles efectos adversos das vacinas non se demostren contraindicados. Para saber máis sobre estes efectos adversos, é necesario que cese a persecución e a censura con este asunto, que se proceda a investigar as patoloxías de aparición sucesiva á vacinación e que se realicen autopsias das mortes correlacionadas no tempo coa inxección.

Ademáis disto, dicir que a case dous anos do comezo da pandemis continúa sen acometerse un reforzo da sanidade pública. Máis ben ao revés, todos os días vemos como a privatización avanza e a asistencia sanitaria, ao igual que outros servizos públicos, continúa a ser recortada (moitas veces mesmo coa excusa da pandemia!).

Tamén é necesario que cese a persecución ao uso de medicamentos con evidencia de utilidade e patente prescrita, como o CDS (empregado con éxito en Bolivia) e a ivermectina (empregada oficialmente en México, India, e de maneira non oficial en Xapón).

Por outra parte, e para finalizar, é necesario que sexa contestado oficialmente o estudo que revelou fallos de deseño nas PCRs, que farían que a proba dera un exceso de falsos positivos, o que levaría unha permanente esaxeración dos casos asintomáticos. Ademáis, claro, de ocasionar que se contabilicen como causados por Covid un certo número de ingresos e muertes que obedecen realmente a outras causas. Chegado ao caso de que as críticas se demostraran acertadas, sería necesario elaborar un novo protocolo para o testeo-covid mediante PCR ou outra técnica. Ademáis tamén é necesario que as autoridades garanticen a realización da proba sempre cos mesmos parámetros de laboratorio e nas mesmas condicións.

 

NON VAIA SER PEOR O REMEDIO QUE A ENFERMIDADE

Nunca tuvemos unha situación semellante en toda a historia da humanidade, na que se dera unha intervención desta envergadura sobre o medio no que se desenvolve un microorganismo” Vanden Bossche

Aínda faltan moitos detalles importantes por coñecer sobre o funcionamento do sistema inmunitario -a nivel individual e a nivel colectivo-, que como vemos é complexo e en ocasións contradictorio. Polo que as ferramentas tecnolóxicas, como as vacinas, que se empreguen no transcurso dunha pandemia mundial, han de usarse con moita precaución e de xeito conservador. Non vaia ser peor o remedio que a enfermidade.

A enfermidade da Ciencia actual é unha falta absoluta de visión de conxunto, debida a un elevado grao de especialización que non se soubo integrar. Na súa maioría, o seitor científico está constituido por peóns cunha visión moi parcial, con moito coñecemento sobre cadanseu terreo particular, pero que dificilmente consiguen ver as relacións entre diferentes ámbitos. E se as ven, a priori non van cuestionar á man que lles dá de comer. Por iso non fai falla nin tanta censura para que a maquinaria industrial avance polo cauce que máis lle interesa ao poder, porque vai practicamente soa. Os únicos que teñen visión de conxunto son quen toman as grandes decisións: os políticos e inversores de alto nivel. Sen un espírito crítico e unha vontade de alfabetización para comprender un mundo complexo, estamos totalmente expostxs aos seus intereses.

Na resposta do Estado-Capital á Covid non deixamos de ver máis que lóxica capitalista, idealización tecnolóxica, curtopracismo, autoritarismo e oportunismo.

Grazas pola leitura.

A CIENCIA NON É DOGMA NIN CENSURA, É UNHA DISCUSIÓN.

A POLÍTICA DE “CERO COVID” É UNHA ESTAFA.

ESTÁN XOGANDO COA NOSA IGNORANCIA

PARA RECORTAR, REPRIMIR E IMPLEMENTAR MEDIDAS

DE ADAPTACIÓN A UNHA CRISE GLOBAL.

ADIANTE A DISIDENCIA

Máis info:

> voiceforscienceandsolidarity.org

> gbdeclaration.org

> salidarazonablecovid.es

This entry was posted in Contrainfo e disidencia científica, Ferramentas teóricas. Bookmark the permalink.