ALGUNHA XUSTIFICACIÓN? – Vacinas sen beneficios claros vs. Imposición de certificados

[Se tes o panfleto en papel e só queres consultar as referencias, podes baixar ata o final do texto.👇👇. Versión en castellano aquí]

Antes de nada, aclarar: supoñemos que as vacinas-covid teñen algunha utilidade en persoas de risco. Pero non entendemos que o Estado impoña a súa obrigatoriedade restrinxindo os dereitos das persoas que non se vacinen. Sobre todo cando se trata dunhas vacinas que:
👉 non completaron os ensaios clínicos [a]
👉 foron aprobadas en base a uns deficientes estudos feitos polas propias Farmacéuticas [b]
👉 non amosan beneficios para as persoas que xa pasaron a enfermidade [c]
👉 teñen unha efectividade moi limitada no tempo, menor que a da inmunización natural (asumible con baixo risco para a maioría) [d]
👉 presentan efectos adversos considerablemente graves e frecuentes [e]
👉 están administrándose sen prescripción médica
👉 non amosan beneficios claros contra a enfermidade, vista a proporción de vacinadxs hospitalizadxs por covid [f]
👉 foron aprobadas por Axencias gubernamentais co-financiadas pola industria [g]

Pois ben, agora din que “están pensando” se impoñer tamén o pase covid ÁS CRIANZAS! [h].

Cando para as pequenxs estas vacinas representan moitos máis perigos que beneficios!! Nin sequera están recomendadas pola OMS para nenxs e xóvenes. [i]

Doutra banda, se a vacina non diminúe notablemente as hospitalizacións por Covid, é que a efectividade está moi lonxe do que nos venderon. Unha terceira dose de reforzo vai solucionar isto? E ata cando habería que administrar doses de reforzo?

Ademáis, estase levando un reconto adecuado das reaccións adversas ás vacinas? Porque en novembro, as mortes por covid foron 640, mentres que o exceso de mortes por todas as causas (con respeito ao esperado en base a outros anos), foi de 2,994. Tamén no verán se deu un pico mortalidade non esperada e non atribuible á covid. Os expertos oficiais declaran que non coñecen a causa de ningún dos dous picos de sobremortalidade [j]. Vaise seguir obviando a farmacovixilancia? Vaise seguir sen facer autopsias para comprobar a causa deste exceso de mortes?

E existe outra cuestión, que vacinar masivamente con vacinas que inmunizan frente á mesma proteína (da variante orixinal), pode favorecer a evolución do virus cara a variantes que escapen á propia inmunidade vacinal. [k] Isto podería estar xa sucendendo coa omicron.

Pero todo isto non fai que as autoridades se cuestionen a utilidade das vacinas actuais, nin que se plantexen se realmente compensa para toda a poboación o balance risco/beneficio de administralas. Todo o contrario, continúan impoñendo de forma indirecta a vacinación a cada vez a máis capas da poboación (incluíndo a persoas cunha mínima incidencia de problemas derivados da covid, como nenxs e xóvenes). Algunha xustificación?

 

SOBRE TODO QUEREN O QR

E por que se lles meteu este conto entre cella e cella, se non é demasiado útil a nivel sanitario, se implica un grande gasto en poñer a punto as ferramentas informáticas; e sobre todo se implica unha importante vulneración dos dereitos fundamentais? (E todo isto non só o dicimos nós, tamén foi denunciado en revistas científicas de primeira liña [l]).

Non o sabemos. Pero se nin sequera está claro o beneficio das vacinas sobre a hospitalización/mortalidade, o beneficio sanitario do certificado está máis que en dúbida. O que sí que fai é que máis xente se vacine, pola presión social e a necesidade de levar unha vida “normal”. E as autoridades teñen moi claro que o camiño é vacinarse máis, chegando a obviar mesmo tratamentos baratos que se están aplicando oficialmente noutros países con éxito [m].

Si que sabemos que farmacéuticas e medios comparten accionistas: grandes fondos de inversión como BlackRock ou Vanguard (antes denominados fondos buitres polos medios maioritarios). Os políticos tamén collen o seu cacho, mediante as numerosas “portas xiratorias” que comunican o sector público e o privado. Tamén sabemos que as vacinas supoñen un trasvase de grandes cantidades de diñeiro público ao capital privado, mediante a subvención e a compra (indefinida?) destes fármacos. Ademáis, desde o comezo da pandemia a pesar da insistencia na vacinación non se está reforzando o sistema sanitario público, como veñen denunciando asociacións pola defensa do mesmo [n]. É máis, continúa sendo recortado, ademáis de ser sometido a constantes cambios nos protocolos que en moitos casos non teñen un sentido sanitario e non fan máis que agravar o estrés dxs sanitarixs.

No medio dunha pandemia ante a que se está recortando a sanidade pública, e nun contexto de grande deterioro da saúde mental da poboación, parécenos criminal que as administracións se arroguen o dereito de obrigarnos a cumplir cuns mandatos de vacinación con substancias sobre as que falta moito por coñecer. Isto en si mesmo constitúe unha auténtica agresión cara a poboación.

Porén, ademáis de ser unha medida para fomentar a vacinación (e a facturación das farmacéuticas) parécenos que a insistencia no certificado non se entende só no contexto da crise sanitaria. Pensamos que ten relación cunha intervención política de cara á xestionar socialmente a crise económica.

 

POR QUE TODO ISTO AGORA?

A pandemia comezou (ou chegounos) en 2020, pero os dous anos anteriores estuveron tamén marcados por acontecementos importantes. No 2018 intensificouse a guerra comercial entre China e EEUU, que comezaba a lembrar á tensión da Guerra Fría. No ano 2019 puidemos ver revoltas en moitos países a causa de subidas de prezo dos combustibles fósiles.

En marzo de 2018 China creara o yuan-ouro, unha moeda respaldada por ouro que coa súa posta en marcha precipitou na práctica o desmoronamento do sistema económico liderado por EEUU (petrodólares sen respaldo físico), vixente desde os anos 70 [o]. Isto desencadeou unha enorme crise financeira global, máis acentuada nos países aliados de EEUU, e toda unha re-ordenación das alianzas. Aínda que non hai moita conciencia xeral disto, no 2019 os indicadores económicos xa anticipaban unha crise moi superior á do 2008 [p]. A esta crise, por se fora pouco, hai que engadirlle novos “records” en escasez de petróleo, deterioro ambiental e poboación mundial. Acábase o ciclo de abundancia (ou máis ben pseudo-abundancia) que desfrutábamos en occidente desde os anos 70.

Que fan os gobernos ante as crises? Pois austeridade, represión e re-estructuración político-económica. Inxeccións de diñeiro ao sector privado: se na crise do 2008 se rescatou á banca, agora repítese a receita coa subvención e compra de vacinas. Coa excusa da “distancia social” acelérase a dixitalización dos servizos públicos, constituindo unha nova maneira de recortalos e excluír a moitas persoas do seu uso.

Dixitalizar e robotizar todo o que se poda é tamén un xeito de aforrar en traballadorxs: mediante o teletraballo vannos anticipando esta situación.

Por outra banda, o certificado dixital proporciona un maior control social ao Estado. Con el, o poder dispón dunha ferramenta para intervir na vida social mediante unha serie de checkpoints condicionados ás súas decisións, o que serve outra vez para excluír a diferentes capas da poboación de certos dereitos ou beneficios sociais. Xa o estamos vendo coas persoas non vacinadas, pero unha vez que aceptamos a ferramenta nada nos asegura que nun futuro non se aplique tamén a outras cuestións: cunha mínima “actualización” podería conter outros datos ademáis dos relacionados co covid (outros diagnósticos, puntos do carné de conducir, antecedentes penais, estatus migratorio, etc), xenerando así novas segregacións para xestionar a unha poboación excesiva e acostumada a “privilexios” xa obsoletos.

Á hexemonía de EEUU acompañoulle unha enorme difusión global dos seus valores e políticas neoliberais. Agora, coa hexemonía de China, podemos esperar o mesmo, xa que o resto dos estados teñen que competir con ela. O Estado Chino actual caracterízase por extraer un enorme rendimento económico da súa poboación reprimíndoa. Non podemos deixar de mencionar o seu “sistema de crédito social”, baseado tamén nunha identificación dixital.

O certificado, como outras políticas carentes de sentido sanitario que fomos vendo desde o comezo da pandemia, son ferramentas para xenerar aillamento, desconfianza entre a poboación e competitividade, e crear unha sociedade máis sumisa e maleable, que acepte sen dar moitos problemas as reformas que o Estado/Capital considere necesarias no contexto de crise. Mediante corentenas e restriccións sen sentido sanitario, e censura e manipulación informativas, están polarizando, reorientando os valores e fomentando a obediencia: agora ser solidaria é obedecer os mandatos e delatar ou facer escarnio de quen non o fai, ou mesmo de quen simplemente tenta informarse máis aló dos medios maioritarios. Están aproveitando unha crise sanitaria para voltarnos incapaces de organizarnos colectivamente ou defender os nosos dereitos. Disfrázano de responsabilidade e solidariedade, pero a “nova normalidade” é un refuxio no individualismo más férreo.

A que describimos é unha realidade gris, e somos conscientes de que non é pracenteiro de observar. Pero é necesario non apartar a vista e protexer os dereitos que se conseguiron ao longo de moitas xeneracións de loita.

Animamos a todas as persoas críticas a saír do armario, a informarse e facerse a súa propia composición do que está a acontecer. Chamamos a apoiarnos mutuamente, a obxectar ao certificado e a contrastar a información dos medios antes de vacinarse indefinidamente ou vacinar ás crianzas.

Grazas pola leitura.

REFERENCIAS:

[a] Datas de finalización dos ensaios clínicos: https://diario16.com/la-vacuna-de-pfizer-en-fase-de-ensayo-clinico-hasta-mayo-de-2023/

[b] British Medical Journal: https://www.bmj.com/content/371/bmj.m4037

[c] British Medical Journal: https://www.bmj.com/content/374/bmj.n2101

[d] The Lancet: https://papers.ssrn.com/sol3/papers.cfm?abstract_id=3949410

[e] Circulation: “o 19% dos casos de miocardite post-vacina-covid en adolescentes e adultos xóvenes precisaron coidados intensivos” https://www.ahajournals.org/doi/10.1161/CIRCULATIONAHA.121.056583

OpenVAERS: https://openvaers.com/covid-data/myo-pericarditis?utm_source=newsletter_31&utm_medium=email&utm_campaign=the-openvaers-weekly-report.de

[f] “En el informe de la semana 42 de la Agencia de Salud Pública del Reino Unido se demostró mayor riesgo de infección en los vacunados que en los no vacunados. Pudiera ser que al decaer la efectividad vacunal fuera más fácil la infección” https://www.actasanitaria.com/mortalidad-por-covid19-no-vacunados-versus-vacunados/

A pesar da información distorsionada dos grandes medios, no Estado español repítese este mesmo patrón. Desde que os datos contradín a versión oficial (finais de novembro) o Ministerio deixou de publicar os datos desagregados de mortalidade-covid de vacunadxs/nonvacunadxs, publicando soamente información de “casos” (PCRs positivas). Un dato sesgado, xa que todas as persoas non-vacinadas son sometidas á PCR ante un ingreso hospitalario, sexa cal sexa a causa ou os síntomas. Aínda así, de acordo cos datos do ministerio os casos-covid en persoas con “vacinación completa” son o 79,26% a data de 23 de decembro´21 (cun 89,8% da poboación obxectivo coa pauta completa).

Máis do 90% dos casos de Omicron en Dinamarca son en persoas vacinadas, a maioría con dúas ou tres doses: https://www.ssi.dk/-/media/cdn/files/covid19/omikron/statusrapport/rapport-omikronvarianten-21122021-14tk.pdf?la=da&_x_tr_sl=auto&_x_tr_tl=en&_x_tr_hl=en

 

The Lancet: https://www.thelancet.com/journals/lanepe/article/PIIS2666-7762(21)00258-1/fulltext

European Journal of Epidemiology: https://link.springer.com/article/10.1007/s10654-021-00808-7

Public Health Policy Journal: https://www.publichealthpolicyjournal.com/_files/ugd/adf864_8c97b2396c2842b3b05975bfbd8254cb.pdf

The Lancet: https://www.thelancet.com/journals/laninf/article/PIIS1473-3099(21)00648-4/fulltext

Pre-prints The Lancet: https://papers.ssrn.com/sol3/papers.cfm?abstract_id=3949410

[g] Miguel Jara: http://www.migueljara.com/2021/04/15/la-agencia-europea-de-medicamentos-esta-financiada-por-las-farmaceuticas/

[h] OMS: https://www.who.int/news/item/22-12-2021-interim-statement-on-booster-doses-for-covid-19-vaccination—update-22-december-2021

Science Direct: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S221475002100161X

The Lancet: https://www.thelancet.com/journals/eclinm/article/PIIS2589-53702100389-8/fulltext

[i] https://www.elprogreso.es/articulo/galicia/xunta-incorporara-pass-covid-ninos-cuando-haya-alto-porcentaje-vacunados/202112171739181546689.html

Science Direct: https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S221475002100161X

[j] https://theobjective.com/espana/2021-12-19/espana-europa-exceso-mortalidad/

https://www.larazon.es/salud/20211212/nkv2kteiuffqdhcq7og3mjkj4y.html

[k] https://saudemutua.noblogs.org/post/2021/12/09/obxeccions-cientificas-a-vacinacion-indiscriminada/

[l] Pre-print “Evaluating the number of unvaccinated people needed to exclude to prevent SARS-CoV-2 transmissions” https://www.medrxiv.org/content/10.1101/2021.12.08.21267162v1

The Lancet: https://www.thelancet.com/journals/eclinm/article/PIIS2589-53702100389-8/fulltext

Sociedade Rusa de Mediciña baseada na Evidencia: http://osdm.org/blog/2021/11/17/%D0%BA%D0%BE%D0%BC%D0%BC%D0%B5%D0%BD%D1%82%D0%B0%D1%80%D0%B8%D0%B9-%D0%BE%D0%B1%D1%89%D0%B5%D1%81%D1%82%D0%B2%D0%B0-%D1%81%D0%BF%D0%B5%D1%86%D0%B8%D0%B0%D0%BB%D0%B8%D1%81%D1%82%D0%BE%D0%B2-%D0%B4/

[m] Análisis breve de la evidencia y recomendaciones sobre el uso de ivermectina en Covid-19 (Gobierno de México) https://covid19.cdmx.gob.mx/storage/app/media/Articulos/revision-de-ivermectina-corregida13ene20.pdf

Ivermectina en India: https://indianexpress.com/article/cities/lucknow/uttar-pradesh-government-says-ivermectin-helped-to-keep-deaths-low-7311786/

[n] https://diario16.com/que-tienen-en-comun-los-principales-medios-de-comunicacion-y-las-farmaceuticas-pfizer-moderna-o-astrazeneca/

Elementos para unha crítica da burocracia – David Graeber (I)

[o] https://www.casestatal.org/es/2021/05/que-esta-pasando-con-la-sanidad-publica-quienes-son-los-responsables/

https://sossanidadepublica.wordpress.com/

[p] Antecedentes históricos e económicos da crise de 2020: https://www.youtube.com/watch?v=4SXyRBTeNgQ

https://elterritoriodellince.blogspot.com/2018/03/el-primer-bano-de-sangre-la-guerra-ya.html

https://edition.cnn.com/2019/07/21/investing/china-star-market-tech-board/index.html

[q] https://www.eldiario.es/economia/deuda-mundial-aumenta-pib-planeta_1_1466127.html

https://es.weforum.org/agenda/2018/09/la-gestacion-de-una-recesion-y-crisis-financiera-en-2020/

This entry was posted in Contrainfo e disidencia científica, Difusión e recursos, Reflexión e análise. Bookmark the permalink.