A fin da pandemia non será televisada [repaso febreiro]

Como dicían os autores nun artigo do British Medical Journal, a fin da pandemia non será televisada. Pero desde vai unhas semanas parece que aos medios váiselles acabando a carnaza covid, e van optando por outros temas. Isto si, bombardeando cun único tema por semana, ben guiadiños polo hashtag de turno.

Comezou coa crise no PP (e ascenso do noso “estimado” Feijoo), e agora é a guerra en Ucrania (adobado cunha pouco responsable apoloxía da OTAN, por certo).

Con estas novas ampliacións dos guións mediáticos, semellaría que todo quedou atrás. E en grande parte isto é certo para á ameaza vírica: a variante Omicron é moito menos comprometedora da saúde e da ocupación hospitalaria (a preocupación orixinaria, lembras?). Ademáis, semella que actualmente non hai grandes diferencias na afectación entre vacinadxs e non vacinadxs (ver as referencias [f] neste post).

Porén non quedou atrás a estafa. Moitas medidas irracionais siguen vixentes, e precisamente para as máis vulnerables: as crianzas. As mortes nas residencias (que lembremos que foron récord no Estado Español), non só siguen sen ocasionar investigación ou responsabilización algunha por parte dos políticos, senón que estes xa están argallando unha lei de residencias que aumenta os ratios de coidadorxs. Isto por poñer só un par de exemplos.

Por isto, nós, como moitxs outrxs, non queremos esquecer nin pasar páxina. Así que recopilamos algunhas informacións recentes para continuar seguíndolle á pista ás políticas “contra o virus”.

Que non decaia.

NOTICIAS:

Pediatras vascos se suman a la petición de la Societat Catalana de Pediatria de acabar con las restricciones sanitarias en las escuelas (El Salto). En Galiza, o colectivo Berro Seco reclámalle a Feijóo a eliminación das restriccións sociais e o fin da mascara sanitaria nos centros educativos, sumándose ás accións xurídicas de colectivos como Liberum ou Eleuteria. Asimesmo, publicaron unha carta dirixida ás ANPAs galegas.

-Diferentes países van afrouxando restriccións, moitos eliminándoas completamente ou case (como Suiza, Austria, Israel, Noruega, Suecia, Islandia). En Galiza, retiran o pasaporte sanitario da hosteleria, pero o noso flamante novo líder do PP mantén o pase para hospitais e residencias (Metropolitano). Tamén continúa a obriga das mascarillas nos colexios, mesmo nos patios. Mentres tanto, logopedas e pediatras observan un retraso no desenvolvemento da fala en crianzas pola mascarilla e as restriccións

-Decorreron manifestacións en Compostela, Lugo, Ferrol e Cangas contra as restriccións. Máis info no blogue do colectivo Berro Seco.

-Discursos aparte, os partidos expresan no Congreso a súa unanimidade para tapar a masacre das residencias (infoLibre). También noticia de Amnistía Internacional. Ademáis, El gobierno más progresista de la historia prepara un “nuevo modelo de residencias” que deteriora más su situación (lanueve.info)

Joan Ramón Laporte, creador do sistema español de farmacovixilancia, denuncia na comisión de investigación das vacinas covid do Congreso (VIDEO) a falta de transparencia e a manipulación do goberno con respeito ás vacinas-covid. Comenta tamén a falta completa de sentido do pase sanitario, xa que estas vacinas non impiden a transmisión.

La EMA registra tres nuevos efectos secundarios de las vacunas contra la covid (Las Repúblicas)

India rexeita inmunizar con Pfizer despois de solicitarlle ao laboratorio que se realizaran estudos de seguridade e inmunoxenicidade nun entorno local, e que o laboratorio se negara (Reuters, inglés)

Os datos reais de mortes POR covid descoñécense no Estado Español (Las Repúblicas)

El volantazo de los medios que comienzan a contar que los datos de muertes no encajan (Las Repúblicas)

O organismo de control da UE acusa a Ursula von der Leyen de “mala administración” e ordénalle que entregue as mensaxes de texto secretos que enviou ao CEO de Pfizer, Albert Bourla (DailyMail, inglés)

O consello de Ministros aproba a Ley de Seguridad Nacional (galizalivre), que continua o seu avance lexislativo: o Estado está a reforçar as suas funçons repressivas e de controlo da populaçom, enquanto deixa esmorecer outras funçons (sanidade, educaçom, assistência social,…)

Distintos expertos advirtieron del aumento del riesgo de infección por VIH vinculado a algunas vacunas del COVID-19 (Diario16)

As restricións impostas co pretexto da pandemia desencadearon o maior aumento da fame en décadas, disparando a porcentaxe de persoas subalimentadas até case o 10 por cen da poboación mundial, segundo varias axencias da ONU (infobae)

Trabajadores esenciales afectados por la vacuna de AstraZeneca reclaman una indemnización y mayor visibilidad (Infosalus)

A OMS continúa pulando por un pasaporte sanitario global, ademáis ““destinado a servir como procedemento estándar para outras vacinas” e asigna á compañía alemana Deustche Telekom o seu desenvolvemento (visto en kontraInfo).

 

OPINIÓN:

-Persoas de esquerdas vinculadas ao municipalismo lanzan un Manifiesto polo debate político: “Pedimos un amplio debate político que ponga fin a los silencios de los partidos institucionalizados, así como de gran parte de los movimientos sociales y sindicales. Con un claro posicionamiento frente medidas antidemocráticas y que van en contra de los derechos humanos y libertades fundamentales.”

Un problema de salud pública: La censura del vídeo de Laporte y el cierre de cuentas críticas (Miguel Jara). Juan Irigoyen tamén escribiu sobre o tema.

Entrevista en tres entregas aos autores do libro “Los penúltimos días de la humanidad” (ed. Pepitas, 2021). Claman contra a maneira na que a pandemia se usou como excusa para unha intromisión inaudita do Estado nas nosas vidas, para barrer as libertades civís, e para situar toda disensión no terreo da loucura. Segunda parte, terceira parte. (Pliego Suelto)

El capitalismo pandémico (Miguel Amorós, lanueve.info)

Pandemia, conformismo social y negacionismo científico (Juan Antonio Gómez Liébana, Diario16)

Sobre as “Caravanas da Liberdade” (camioneiros opositores aos mandatos sanitarios). O autor sostén que independentemente da orixe do movemento, foi finalmente instrumentalizado pola extrema dereita e estendeuse a numerosas cidades. “Pode que Canadá non estea ao borde dunha guerra civil, pero o que está a suceder en Ottawa é unha pequena fronte nunha guerra de información mundial“. (Tarcoteca)

Pase sanitario, conspiracionismo y luchas sociales (Wu Ming)

El cultivo consciente de la ignorancia (Thomas S. Harrington, Diario16)

 

ANÁLISE CIENTÍFICA:

Efectividade da terapia multifarmacolóxica baseada en ivermectina en pacientes-covid ambulatorios gravemente hipóxicos (Future Medicine). As autoras administraron unha combinación de ivermectina, doxiciclina, zinc y vitaminas D y C: “A terapia de combinación triple é segura e eficaz incluso cando se utiliza en pacientes ambulatorios con síntomas moderados a graves.”

La increíble y triste historia de la inmunosupresión post vacunal y la narrativa desalmada. Vídeo da Dra. Karina Acevedo Whitehouse

-Un estudo da Universidade de Lund (Suecia) amosa que a vacina de ARN de Pfizer pódese transcribir en ADN nx paciente, puidendo integrarse potencialmente no ADN, producindo efeitos xenotóxicos (Current Issues in Molecular Biology).

 

GUERRA E MEDIOS:

NIN OTAN NIN PUTIN !

*O noso agradecemento a todxs as que traballan por superar a censura e o cerco mediático, á vez que poñen límite ás noticias falsas.

This entry was posted in Contrainfo e disidencia científica, Reflexión e análise. Bookmark the permalink.