ou “De que datos podémonos fiar?”
Con toda a desinformación distribuida nestes meses desde as burocracias interesadas que nos gobernan, directamente non podemos dar crédito ás súas alarmas. Nos meses precedentes temos asistido á creación dunha alarma social que trae graves consecuencias psicolóxicas, represivas, sociais, … E en retrospectiva podemos afirmar que en moitos casos de “rebrotes” esta alarma era infundada.
Agora levan uns días outra vez falando de alto risco, semella que como preparando a poboación para novas acentuacións das restriccións despois do Nadal. En que datos nos podemos fixar para valorar a veracidade desa nova ola?
Como comentan desde o Centre for Evidence-Based Medicine da Universidade de Oxford (ademáis, precisamente nun artigo sobre a xestión dos datos Covid no Estado Español):
“As mortes etiquetadas como Covid19 dependen de parámetros subxectivos mentres que o exceso de mortes ten a vantaxe de ser un estándar en relación a unha referencia: o número de mortes en anos anteriores. Se atopamos moitas mortes Covid19 durante un período pero o exceso de mortes é baixo ou negativo, é probable que esteamos a inflar os números Covid19. Ademais, o exceso de mortes adoita depender das temperaturas altas/baixas, é dicir, dos invernos fríos ou as ondas de calor. Por tanto, calquera aumento/diminución lixeira das mortes debe contrastarse coa temperatura.”
Vexamos a situación actual con estas precaucións en mente:
» Continuar a ler:
(da “Actualización nº 284. Enfermedad por el coronavirus (COVID-19). 05.01.2021”, consultada na web do Ministerio de Sanidade)
➜550 mortes atribuidas a Covid no conxunto do Estado nos últimos 7 días. Siguen baixas. Como referencia, sabemos que a gripe chega a causar a morte -nunha tempada na que veña forte- dunhas 15.000 persoas (como na tempada 2017-18). Iso son, nos 6 meses de tempada fría, un promedio de 625 á semana (máis nos meses centrais, menos ao principio e ao final). Agora vemos que nos últimos 7 días atribúense á Covid 550 mortes. E ademáis, sabemos que a gripe anda desaparecida das estatísticas (pode ser que porque non se propague polas medidas de prevención Covid, e/ou porque as gripes se estean contando como casos Covid). Por outra banda hai que ter en conta que os datos de mortes atribuídas a Covid poden estar inflados: aínda que morras por outra cousa, como dea positivo o test, podes ser contado como morte Covid.
Ou sexa, que de mortes oficialmente atribuidas a Covid, de momento imos moi ben.
[do servizo de vixilancia do exceso de mortalidade por todas as causas (MoMo), do Instituto de Salud Carlos III, consultado a 6 de xaneiro]
➜Como era de esperar en vista dos datos de mortalidade Covid, non hai exceso de mortalidade recentemente. Máis ben ao revés. Talvez pola diminución de accidentes de tráfico debida ás restriccións á mobilidade.
E por que non nos podemos fiar simplemente das alertas sobre “casos” e “contaxios” como os que publican constantemente o goberno, as administracións autonómicas e os medios empresariais? Parecen datos interesantes, xa que nos permitirían anticiparnos a unha situación grave… Pois sinxelamente porque dado os tests PCR que se usan, e dado o xeito no que se están facendo, acontece que a máis tests realizados, máis casos detectados. É dicir, que se as autoridades deciden facer máis tests, imos ter “un rebrote”, e o medo e as restriccións que xa sabemos o dano que están facendo.
Isto acontece por varios factores, que tentaremos resumir brevemente:
–POLA DISTORSIÓN DAS PROBAS DIAGNÓSTICAS EN GRANDES MASAS DE POBOACIÓN:.
Botemos un ollo a este video: https://www.youtube.com/watch?v=xfz7Gfbd2Bg
Se diches positivo a unha proba que se fixo nun millón de persoas, para unha enfermidade con incidencia do 0,1%, e mediante unha proba con fiabilidade do 99%, a probabilidade de ter realmente a enfermidade é do 0.98%. As probas masivas sirven para CRIBAR á poboación para despois facer unha segunda proba con menos poboación. Non para diagnosticar.
–POLA PROPIA PROBA PCR:
Nunha revisión por pares externos da proba PCR aprobada pola OMS, as autoras indican que nas secuencias propostas para identificar hai posicións non especificadas, que permiten o deseño de diferentes variantes desa secuencia. “Este alto número de variantes non só é inusual, senón que tamén é moi confuso para os laboratorios. As seis posicións non especificadas poderían facilmente dar como resultado o deseño de varias secuencias de cebadores alternativas diferentes que non se relacionan co SARS-CoV-2 (…) As variacións de deseño conducirán inevitablemente a resultados que nin sequera están relacionados co SARS-CoV-2. A descrición confusa e inespecífica no artigo de Corman-Drosten non é adecuada como Protocolo Operativo Estándar. Estas posicións non especificadas deberían ser deseñadas de maneira inequívoca”
Na mesma revisión apúntase que tampouco se especificou un Procedimiento Operativo Estándar (POE) que indique inequivocamente os parámetros de laboratorio: nin temperatura, nin número de ciclos de amplificación (un parámetro crucial nas probas PCR), nin validación biolóxica molecular, nin controis positivos/negativos. Todo isto absolutamente necesario para que todos os laboratorios podan realizar a proba nas mesmas condicións. “Ter un POE universal validado é esencial, porque permite a comparación de datos dentro dos países e entre eles”. É dicir, que diferentes tests de diferentes fabricantes, e/ou realizados en diferentes condicións poden ter un grado de fiabilidade moi variable, que se traduciría principalmente en variacións da taxa de falsos positivos e falsos negativos.
Particularmente grave é a cuestión do número de ciclos, que debería estar no intervalo de 25-30 ciclos, mentres que a OMS recomenda un valor de 45. Segundo as autoras da revisión, isto conleva que “por riba de 35 ciclos só se detectan sinais que non se correlacionan co virus infeccioso, como foi determinado polas experiencias de aillamento en cultivo celular; se alguén é PCR positivo cando se utiliza un limiar de 35 ciclos ou máis (como é o caso na maioría dos laboratorios de Europa e os Estados Unidos), a probabilidade de que dita persoa estea realmente infectada é inferior ao 3%, a probabilidade de que devandito resultado sexa un falso positivo é do 97%“
As autoras da revisión tamén apuntan que a PCR non é unha técnica xeralmente recomendada para o diagnóstico primario dunha enfermidade infecciosa.
–MÁIS SOBRE A PCR:
Do mesmo artigo do Centre for Evidence-Based Medicine que comentábamos ao principio:
“Tom Jefferson e outros afirman que despois de buscar a correlación entre PCR e cultivo viral non se atopou ningunha conclusión, xa que o tempo desde a toma de mostra e a gravidade dos síntomas son necesarios para a correlación, entre outras cousas, para atopar un modelo apropiado. Lembramos que actualmente (os gobernos) apenas buscan síntomas nas persoas. Os positivos chámanse PCR Positivos asintomáticos se non presentan síntomas. (…)
Isto significa que os resultados positivos da PCR poderían ou non levar á conclusión de que un suxeito con resultados positivos na PCR é infeccioso. Por que? Porque os positivos de PCR non se correlacionaron co crecemento do virus no cultivo.”
“Especúlase coa posibilidade de que a PCR poda atopar o virus a partir dunha mostra dunha persoa ou que a PCR non sexa o suficientemente específica e poda dar positivo cando estean presentes outros virus. Algúns fabricantes de PCR dinnos que hai “contaminación cruzada” e interferencia “inespecífica” cunha lista de virus e outros nos seus manuais de instrucións [aquí, aquí].”
“Chamar “casos” aos positivos de PCR non especifica se as persoas foron portadoras do virus durante moito tempo ou se está “activo”. Isto podería conducir a que se atopen moitos “casos” en función do número de probas de PCR realizadas. Por exemplo, se o 20% dunha poboación dá positivo na PCR, o número de positivos na PCR dependerá do tamaño da mostra [NdT. Sobre canta xente se realiza a proba]. Isto significa que cantas máis probas de PCR realícense, maior será a fracción da poboación que se confirme, pero isto podería non falar de cambios na poboación. É dicir, é posible que a poboación xa estivese infectada moito antes de decidirse a facer a proba e, por tanto, os positivos de PCR non falarían de “unha pandemia en avance”.”
“Son útiles as probas de PCR?
É típico agora chamar positivos aos PCR que non presentan síntomas asintomáticos (ver arriba). É moi probable que estas probas detecten ARN viral en pacientes nos que o virus xa non é capaz de infectar. (…) A detección de virus por PCR é útil sempre que se comprendan as súas limitacións; aínda que detecta o ARN en cantidades mínimas, hai que ter coidado cos resultados xa que a miúdo non detecta virus infecciosos”.
ADVERTENCIA E CONCLUSIÓN:
Como aclaramos sempre: con todo isto non queremos dicir que non haxa que ter coidado con un virus novo que anda por aí. Pero si que as ferramentas que nos ofrecen para avaliar o risco que implica non valen. Estamos entre a espada e a parede, nunha situación na que as nosas liberdades e dereitos dependen de parámetros sanitarios que controla un ente burocrático, que non deixa de estar ligado a amplos intereses económicos que, obviamente, non se guían pola nosa saúde. Polo que é a nosa obriga permanecer vixiantes do poder e ter a habilidade para detectar cando nos minten interesadamente. E, visto que non teñen reparo en confinarnos mentres que nin por asomo interrumpen o proceso de privatización da Sanidade, ou toman as medidas sanitarias adecuadas, algo diso ha de haber…
Que nos mintan pode deberse a diferentes causas. A saber: xustificar a inacción das administracións ante o xerontocidio nas residencias, efectuar unha escalada represiva para facer á poboación máis maleábel aos intereses do capital, reestructurar unha economía que xa non é competitiva nun contexto de crise…
De nada serve demandarlles transparencia, porque según as súas comisións, departamentos e axencias de verificación, xa son transparentes. Os medios xogan tamén ao xogo dos grandes intereses económicos. A nosa baza é fomentar a consciencia deste estado de cousas e non deixar de vincularnos con outrxs iguais, de cara a facernos cun poder que nos permita poñer límites ás súas ofensivas, e apoiarnos para saír adiante.