Pode ser que lle estean cargando á Covid “mortos” que son de Filomena?

Se é certo que a PCR ten algúns “problemiñas” que fan que dea moitos falsos positivos (ver aquí e aquí), e coñecendo a afición das autoridades e medios oficiais aos “rebrotes”… cumpre preguntarse por que a un temporal e vaga de frío que acada mínimos históricos de temperaturas só se lle achacan 4 mortes (a día 9, e imposible atopar ningunha nova máis desde entón), mentres nos falan dunha “terceira ola” de Covid.

Unha vaga de frío conleva un aumento dos ingresos hospitalarios e da mortalidade por un amplo rango de causas. Nomeadamente enfermidades infecciosas respiratorias que comparten parte dos seus síntomas coa Covid: resfriado, gripe, farinxite, larinxite, amigdalite e neumonía. Pero tamén condicións como hipertensión e accidentes cardiovasculares

» Continuar a ler:

Por un lado isto repercute en que haxa máis sospeitas de Covid. E leva á realización de máis tests. O test máis realizado para diagnosticar a Covid no Estado español é a proba PCR. Mesmo en persoas que non presentan síntomas é unha proba moi utilizada.

Como comentábamos ao principio, diferentes equipas científicas denunciaron que estes tests conlevan unha alta taxa de falsos positivos, o cal implica que só con aumentar o número de tests realizados (como é o caso agora ao haber máis xente con síntomas respiratorios polo frío), pode surxir a percepción de que hai un rebrote. Xa profundizamos sobre as críticas á PCR no artigo anterior (tamén nestoutro artigo de novembro).

Tamén persoas que son ingresadas por circunstancias non respiratorias debidas ao frio poden rematar rexistradas como casos Covid se dan positivo aos tests.

Avisos meteorolóxicos de AEMET a 13 de xaneiro. Actualizacións aquí

Neste artigo coméntase que as comunidades máis afectadas pola “terceira ola” serían Extremadura, Madrid, Baleares, Castela-A Mancha, Valencia e Murcia. Así a ollo parece que non podería descartarse algunha relación entre estas zonas e onde máis está afectando a vaga de frío (ver mapa). Non? É particularmente rechamante a coincidencia no caso de Baleares, zona que habitualmente non é tan fría, e que está sendo moi afectada polo temporal.

A advertencia habitual: todo isto non quere dicir que non haxa que ter coidado. Claro que os movementos de nadal poden repercutir en máis casos de Covid, pero mentres o sistema sanitario teña capacidade para atender ás persoas que presenten complicacións polo virus isto non é negativo, xa que a propagación controlada ocasiona a inmunización natural da poboación (que é ademáis moito máis consistente e duradeira que a das vacinas).

Porén, é importante que analicemos o que acontece e lle deamos ás autoridades a xusta credibilidade que merecen, e que nos fagamos unha idea propia do que vai sucedendo máis aló dos titulares dos medios empresariais. Porque como veñen demostrando reiteradamente os seus intereses non son os mesmos que os nosos.

» Ver tamén Preparémonos para despois do nadal… rebrote de tests? ou De que datos podémonos fiar?

This entry was posted in Reflexión e análise. Bookmark the permalink.