TIPOS DE VACINAS PARA COVID19

A-VECTOR VIRAL: USADAS EN VETERINARIA E NA VACINA DO ÉBOLA
As vacinas de vectores virais insiren un xen dunha proteína viral noutro virus inofensivo (replicante ou non replicante). Este virus inofensivo despois entrega a proteína viral aos receptores que desencadean unha resposta inmune.

B-VACINAS DE ARNm : NUNCA SE USARON EN HUMANOS
Funcionan introducindo unha secuencia de ARNm (a molécula que lle di ás células qué construír) que codifica un antíxeno específico da enfermidade. Unha vez que este antíxeno se reproduce dentro do corpo, recoñécese e desencadea unha resposta inmune.

C-VACINAS ADN: NUNCA SE USARON EN HUMANOS
As vacinas baseadas en ADN funcionan inserindo ADN sintético de xenes virais en pequenas moléculas de ADN chamadas plásmidos.
As células toman os plásmidos de ADN e siguen as súas instrucións para construír proteínas virais, que son recoñecidas polo sistema inmunolóxico, e prepáranas para responder a unha exposición a patóxenos.

D-VACINAS SUBUNIT: XA USADAS EN HUMANOS
Introducen un fragmento ou unha porción do virus no corpo. Este fragmento é suficiente para ser recoñecido pola resposta inmune e estimular a inmunidade. Usadas para o virus do papiloma humano, Bordetella pertusis, Hepatite B

COMPAÑÍAS CON VACINAS COVID EN PROCESO, E MECANISMO DE ACCIÓN:

» Continuar a ler:

1.Johnson&johnson: VECTOR VIRAL (experiencia en veterinaria/vacina do ébola en humanos). Conservacion -2 a -8ºC

2.NOVARAX: SUBUNIT

3.CANSINO BIOLOGICS. Ad5-nCoV: VECTOR VIRAL (experiencia en veterinaria/vacina do ébola en humanos)

4.Clover Biopharma/Glaxo Smith Kline: SUBUNIT

5.SANOFI/Glaxo Smith Kline: SUBUNIT

6.MERC /JAVIVSV: VECTOR VIRAL (experiencia en veterinaria/vacina do ébola en humanos)

7.Universidade de Oxford/AstraZeneca AZD122. Vector Chimpanzee Adeno que expresa a proteína espiga do SARS-CoV-2. VECTOR VIRAL. Non hai vacinas de vector Adeno actualmente autorizadas para o seu uso en humanos.

8.MODERNA. mRNA-1273 ARN mensaxeiro NON HAI ATÉ A DATA VACINAS de ARNm AUTORIZADAS PARA USO HUMANO
CONSERVACION -20ºC

9.Pfizer / BIONTECH. ARN mensaxeiro NON HAI ATÉ A DATA VACINAS de ARNm AUTORIZADAS PARA USO HUMANO
Necesita conservación a -70ºC

10.INOVIO : Vacina de plásmido de ADN con electroporación.
NON HAI ATÉ A DATA VACINAS de ADN AUTORIZADAS PARA USO HUMANO

11.CUREVAC: ARNm NON HAI ATÉ A DATA VACINAS de ARNm AUTORIZADAS PARA USO HUMANO

12.Imperial College: ARN sintético NON HAI ATÉ A DATA VACINAS de ARNm AUTORIZADAS

 

Traducido e editado (para mellor comprensión) dun texto de Marisa Alonso García, Farmacéutica e Especialistas en análises clínicas

Moi recomendábel tamén a leitura deste artigo do Dr. Juan Gérvas: Vacinas covid19. As 26 preguntas frecuentes que fan os pacientes

This entry was posted in Difusión e recursos. Bookmark the permalink.