Desde que se puxeron en marcha as medidas contra o Coronavirus, os resultados foron catastróficos: hospitais colapsados, escenas de película de terror nas residencias de anciáns, un autoritarismo rampante que non para de impor medidas absurdas coa escusa da loita contra o virus, e unha campaña constante de medo por parte dos medios de comunicación. Ante a crecente desesperación da poboación e unha economía cada vez máis fráxil, agora preténdennos convencer de que a solución está a piques de chegar, como por arte de maxia, grazas ás vacinas.
Dan igual as voces que advertiron, por activa e por pasiva, que as vacinas non se poden planificar, necesitándose entre 8 e 10 anos con sorte para obter unha; que non hai unha vacina contra a gripe que funcione ao 100% porque o virus mutou mil veces antes de que se poida desenvolver unha vacina; e que, aínda en caso de lograrse desenvolver unha vacina, necesítase moito tempo para lograr pór en marcha a loxística que se require: produción, transporte, distribución, vacinación…
Todo isto díxose e repetiuse mil veces, e mil veces foi ignorado, porque a vacina pasou a ocupar na mente popular o papel das milagrosas reliquias de santos do medievo. Pero a fe non axuda ao desenvolvemento científico, e aos poucos ímonos decatando de que as vacinas que reciben permiso para comercializarse carecen das máis mínimas garantías: ou foron concibidas en tan só dous días, ou os ensaios non foron realizados cos grupos de risco e, no caso da vacina que se emprega na campaña de vacinación actual en UK, o goberno anunciou DESPOIS de iniciar a campaña de vacinación, que as persoas con calquera tipo de alerxias -unha porcentaxe cada vez máis elevado da poboación occidental- non deben vacinarse. Chegou o momento de preguntarse: e se non se consegue unha vacina nos próximos meses ou anos?
Editorial do último número da revista Amor y Rabia
» Continuar a ler:
Doutro artigo do mesmo colectivo, “A Hipótese B”:
“Non hai nanochips, nin substancias nocivas para debilitar e matar á poboación sobrante. O único que hai é a necesidade urxente por parte dos dirixentes políticos de agochar a súa responsabilidade, conseguir impunidade e, de paso, unha sociedade que acepta ser sometida e empobrecida.
Esta é a hipótese B: As vacinas teñen como único obxectivo que os políticos eviten as súas responsabilidades pola xestión máis desastrosa, incompetente e daniña no mundo occidental desde tempos inmemoriais. Trátase de saír indemnes do inmenso dano que causaron coa súa abismal incompetencia e, ademais, con máis poder.
Coas vacinas búscase o efecto placebo social e político. Poder desmontar a farsa de forma congruente cos termos do engano que eles sufriron e evitar as responsabilidades polo dano que nos causaron. (…)“
Para aprofundar:
–Crítica del medicamento como negocio e incertidumbres argumentadas acerca de la vacuna de Pfizer-BioNTech (CAS Madrid)
–Los ensayos de las vacunas contra el Coronavirus no dicen si salvarán vidas
–Vacunas habrá muchas pero solo una durarera: la social (Juan Gérvas)