Actualización sobre vacinas covid (ou “inxeccións para a covid”)
Vimos de vivir unhas semanas algo intensiñas, despois do baixón que supuxo o peche post-nadal. A aprobación da Lei de Saúde galega que xa tratamos neste blogue simultaneouse no tempo co inicio da campaña de vacinación, e unha diminución xeral dos “casos” de Covid que fai que agora estean relaxando as restriccións. Todo isto salteado con mobilizacións estatais pola sanidade pública, protestas contra o encarceramento de Pablo Hasél e un importante repunte da represión estatal en torno a esta e outras cuestións.
Con este post imos tratar de poñernos un pouco ao día co tema das vacinas Covid, con especial atención ao tema da retirada da vacina de AstraZeneca.
» Continuar a ler:
A data de 11 de marzo en Galiza levábanse administrado case 300.000 inxeccións. Ata o día de hoxe, como norma xeral administrábanse vacinas de ARN a maiores de 55 anos e a de AstraZeneca (ADN) a menores desa idade.
Por que dicimos no título do post que non son exactamente vacinas? Até o de agora, as vacinas propiamente ditas contiñan, ademáis de sustancias para estimular a resposta inmune, un microorganismo atenuado ou inactivado (para que non fóra patóxeno), ou unha parte dese microorganismo (normalmente proteínas ou polisacáridos). O que hoxe en día se está denominando vacinas contra a Covid é, en todo caso, un novo grupo de vacinas (ver https://es.wikipedia.org/wiki/Vacuna#Tipos). Pero cun mecanismo de acción significativamente diferente: non se introduce un microorganismo ou unha parte do mesmo, senón que se introducen as ordes xenéticas (ARN ou ADN) para que as nosas células elaboren unha proteínas do microorganismo.
As vacinas de ARN ou ADN, como as de Pfizer, AstraZeneca e Moderna, non se utilizaron antes en seres humanos. Por qué se fai deste xeito? Na carreira pola vacina da Covid, as autoridades sanitarias permitiron a introducción destas tecnoloxías experimentais porque posibilitaban o desenvolvemento máis rápido de vacinas, e porque teñen un coste de producción inferior. Priorizáronse estas consideracións sobre as valoracións adecuadas de seguridade. Podemos asumir tamén que xogou un papel a presión das grandes compañías para que se permitiran as condicións que lles levarían a ser as primeiras en desenvolver unha vacina (posto que son as únicas capaces de poñer a punto unha nova tecnoloxía). Lembrando as palabras de Marcia Agnell:
“Simplemente, xa non é posíbel crer en grande parte da investigación clínica que se publica, nin confiar no xuizo dos médicos de renome ou nas directrices médicas autorizadas. Non me complace esta conclusión, á que cheguei lentamente e a regañadentes durante as miñas dúas décadas como editora de The New England Journal of Medicine.”
Neste punto queremos sinalar unha cuestión sobre a vacina de AstraZeneca: xa nos comunicaron varios casos de persoas que se administraron este fármaco sen pleno coñecemento do seu mecanismo, porque desde os servizos sanitarios lles dixeron que “non se trataba dunha vacina de ARN como a de Pfizer, senón que era proteica”. É proteica, pero porque o teu corpo elabora esa proteína a partir do ADN transxénico que introduce nas túas células un adenovirus de chimpancé tamén modificado xeneticamente, información que por cuestións éticas non se pode ocultar á poboación. Á marxe de que poda ser efectiva ou non, é función das insitucións sanitarias é informar correctamente sobre os produtos que administran, para permitir que a decisión de administrarse este ou calquera outro fármaco resida na persoa. A actitude dos servizos sanitarios nestes casos é, ou ben ignorante dos produtos cos que traballan, ou ben infantilizadora da poboación.
EFEITOS ADVERSOS E SUSPENSIÓN DE ASTRAZENECA
Por outra banda, na última semana soubemos que diversos países suspenderon a administración desta mesma inxección (AstraZeneca), por problemas relacionados con desordes da coagulación e tromboses. A luns 15 de marzo, o Estado español é o último en unirse a unha veintena de países que xa rexeitaran administrar esta vacina.
Entre os países europeos que suspenderon a vacina de AstraZeneca atópanse, a 15 de marzo: Alemaña, Francia, Holanda, Austria, Noruega, Irlanda, Italia, Dinamarca, Bulgaria, Islandia, Estonia, Lituania, Luxemburgo, Letonia. Únense a outros países que xa a rexeitaran, como Suíza ou Sudáfrica. Ata o día de hoxe o Goberno e a Xunta dicían que non pasaba nada, algo ben pouco críbel cando se estaban reportando reaccións adversas noutros países, e que denota unha grave falla de farmacovixilancia e transparencia. Até agora a única medida tomada no Estado español foi a retirada por parte dalgunhas Comunidades do que lles quedaba do mesmo lote que supostamente se relacionaba coas tromboses noutros países. Porén, médicos do Hospital Clínico de Valladolid xa atribuiran a outros lotes desta vacina dous casos de encefalite e ictus.
Pero non é a única vacina que presenta dúbidas sobre a súa relación risco-beneficio. Tamén foron denunciados varios falecementos de persoas maiores por mor da vacina de Pfizer no estado español, e tamén en Alemaña. En EEUU tamén se reportaron casos de problemas de coagulación asociados ás vacinas de Pfizer e Moderna.
No estado español, os medios corporativos apenas informan sobre os efectos adversos asociados ás vacinas Covid, só se dedican a sair na defensa das mesmas. Exceptuando certas cuestións que sacan á luz para beneficio do lobby de turno ao que pertencen, os medios non exercen ningunha posición crítica coa xestión da pandemia. Será polas subvencións extraordinarias das se ven amplamente beneficiados desde o comezo da pandemia. Isto pon novamente en dúbida a función xornalística exercida por unhas axencias de comunicación que cada vez se concentran en menos mans.
A pesar de que é unha boa nova a retirada desta vacina, xa que isto implica unha observación máis detida da súa seguridade, non esquezamos que no Estado español só foi retirada a partir do posicionamento doutros 20 países europeos, o que deixa moito que desexar en materia de seguridade farmacolóxica. A falta de transparencia coa poboación no tanto do seguimento das reaccións agudas (a curto prazo) destas vacinas, fai pensar que un seguimento das reaccións a longo prazo precisará dunha labor de investigación máis exaustiva por parte dos medios de contrainformación e da poboación.
OS “CASOS” BAIXAN POLA VACINACIÓN… E POLOS CAMBIOS NAS PCR
Mentres tanto, Fernando Simón estima que a pandemia rematará a finais de marzo ou mediados de abril. Pola vacinación? Pode ser, en parte…
E por que outra causa se podería rexistrar nas últimas semanas un descenso dos casos en practicamente todo os países do mundo?:
(tirado de Our World in Data)
Pois ben, en xaneiro a OMS sacou unha nota informativa sobre os tests PCR. Nela indicábase:
Cuando los resultados de la prueba no se correspondan con las manifestaciones clínicas se debe tomar una nueva muestra, que se someterá a la misma o a otra prueba de amplificación de ácidos nucleicos.
E pedía ás profesionais que realizan os tests estas cuestións:
1. Leer atentamente el manual de uso en su totalidad.
2. Consultar al representante del producto a nivel local si hay algún aspecto del manual de uso que no se entienda bien.
3. Comprobar que no haya cambios en el manual de uso de cada pedido.
4. Consignar el valor de Ct en el informe que remita al profesional de salud solicitante.
Semella un pouco bizarro, iso de que insten a ler todo o manual. Pero en realidade é unha cuestión bastante trascendental, porque como xa se describiu nunha revisión do protocolo PCR aprobado pola OMS (e como denunciamos no seu momento) a realización dos tests en diferentes condicións de laboratorio poden repercutir en importantes variacións das taxas de falsos positivos e falsos negativos. E no protocolo orixinal para a PCR da Covid avalado pola OMS non se especificaban as condicións de laboratorio para realizar as probas. Posteriormente, cada fabricante deseñou o seu tests para ser realizado nunhas condicións específicas. Cambiando dun fabricante de test a outro, por tanto, obriga a axustar as condicións de laboratorio, algo que se é explicitado desta maneira pola OMS podemos supor que en moitos casos non se estaba facendo.
Por outra banda está o comentario de adxuntar o número de ciclos (Ct) ao resultado da proba. Este factor tamén é importante, porque se un test se realiza por riba do umbral recomendado de ciclos (normalmente entre 20 e 35), a súa taxa de falsos positivos dispárase.
E qué dicir da recomendación de facer un novo test cando os resultados non se correspondan coas manifestacións clínicas observadas… Isto fai que se che fan un test PCR por un cribado pero non teñas síntomas nin tuveras contacto con ninguén, teñan que repetir a proba. O cal, novamente reduce o porcentaxe de falsos positivos.
Entón, temos que como consecuencia destes cambios nos protocolos, os resultados das probas PCR realizadas a partir desa data serían máis achegados á realidade, reducíndose en grande medida a súa taxa de falsos positivos. Por tanto, o que se denominan “casos asintomáticos” desde finais de xaneiro axustaríase un pouco máis á ser infeccións reais polo novo coronavirus (*). O que podería contribuir a explicar unha grande parte da diminución de casos que ven sendo detectada nas últimas semanas.
Por que a OMS saca esta nota agora, e non en marzo do ano pasado? Pode que se viran obrigados polas críticas científicas? Pode que xa lles chegara de arbitrariedade diagnóstica? Pode que queiran reforzar a percepción de que as vacinas funcionan? Descoñecémolo. O que podemos apuntar é que o efeito da nota da OMS sumaríase ao propio efeito da administración das vacinas na poboación, e a que vimos dun tempo de confinamentos despois de certa laxitude no nadal. Pero non sabemos é en que proporción afecta cada unha desas circunstancias ao descenso observado. O que é seguro é que os cambios no protocolo da PCR tuveron unha importancia significativa.
Ligamos por último algúns artigos relevantes para aprofundar sobre a oportunidade de negocio que supoñen as vacinas Covid para a industria farmacéutica, que non esquezamos que non é só un axente sanitario, senón tamén unha das poucas industrias á alza neste tempo de crise económica, que ademáis se atopa nunha posición de colaboración público-privada.
Pfizer o como sacar provecho de una pandemia
https://rebelion.org/pfizer-o-como-sacar-provecho-de-una-pandemia/
Pfizer entregó vacunas con ARNm defectuoso a la unión Europea y la Agencia Europea del Medicamento encubre el fraude
https://mpr21.info/pfizer-entrego-vacunas-con-arnm-defectuoso-a-la-union-europea-y-la-agencia-europea-del-medicamento-encubre-el-fraude/
Finlandia tiene una vacuna para la Covid desde hace nueve meses y optó por la Big Pharma
https://rebelion.org/finlandia-tiene-una-vacuna-para-la-covid-desde-hace-nueve-meses-y-opto-por-la-big-pharma/
Pfizer y AstraZeneca consuman una de las mayores estafas a la Unión Europea a cuenta de las vacunas
https://mpr21.info/pfizer-y-astrazeneca-consuman-una-de-las-mayores-estafas-a-la-union-europea-a-cuenta-de-las-vacunas/
*Nota: Por outros factores relacionados co deseño da proba aínda sigue mantendo un nivel importante de falsos positivos, pero algo se teñen que notar estas novas achegas ao protocolo >>> Sobre isto ver o que comentabamos neste outro artigo (a partir do punto “POLA PROPIA PCR”)