Como dicían os autores nun artigo do British Medical Journal, a fin da pandemia non será televisada. Pero desde vai unhas semanas parece que aos medios váiselles acabando a carnaza covid, e van optando por outros temas. Isto si, bombardeando cun único tema por semana, ben guiadiños polo hashtag de turno.
Comezou coa crise no PP (e ascenso do noso “estimado” Feijoo), e agora é a guerra en Ucrania (adobado cunha pouco responsable apoloxía da OTAN, por certo).
Con estas novas ampliacións dos guións mediáticos, semellaría que todo quedou atrás. E en grande parte isto é certo para á ameaza vírica: a variante Omicron é moito menos comprometedora da saúde e da ocupación hospitalaria (a preocupación orixinaria, lembras?). Ademáis, semella que actualmente non hai grandes diferencias na afectación entre vacinadxs e non vacinadxs (ver as referencias [f] neste post).
Porén non quedou atrás a estafa. Moitas medidas irracionais siguen vixentes, e precisamente para as máis vulnerables: as crianzas. As mortes nas residencias (que lembremos que foron récord no Estado Español), non só siguen sen ocasionar investigación ou responsabilización algunha por parte dos políticos, senón que estes xa están argallando unha lei de residencias que aumenta os ratios de coidadorxs. Isto por poñer só un par de exemplos.
Por isto, nós, como moitxs outrxs, non queremos esquecer nin pasar páxina. Así que recopilamos algunhas informacións recentes para continuar seguíndolle á pista ás políticas “contra o virus”.
Que non decaia.
NOTICIAS:
–Pediatras vascos se suman a la petición de la Societat Catalana de Pediatria de acabar con las restricciones sanitarias en las escuelas (El Salto). En Galiza, o colectivo Berro Seco reclámalle a Feijóo a eliminación das restriccións sociais e o fin da mascara sanitaria nos centros educativos, sumándose ás accións xurídicas de colectivos como Liberum ou Eleuteria. Asimesmo, publicaron unha carta dirixida ás ANPAs galegas.
-Diferentes países van afrouxando restriccións, moitos eliminándoas completamente ou case (como Suiza, Austria, Israel, Noruega, Suecia, Islandia). En Galiza, retiran o pasaporte sanitario da hosteleria, pero o noso flamante novo líder do PP mantén o pase para hospitais e residencias (Metropolitano). Tamén continúa a obriga das mascarillas nos colexios, mesmo nos patios. Mentres tanto, logopedas e pediatras observan un retraso no desenvolvemento da fala en crianzas pola mascarilla e as restriccións
-Decorreron manifestacións en Compostela, Lugo, Ferrol e Cangas contra as restriccións. Máis info no blogue do colectivo Berro Seco.
-Discursos aparte, os partidos expresan no Congreso a súa unanimidade para tapar a masacre das residencias (infoLibre). También noticia de Amnistía Internacional. Ademáis, El gobierno más progresista de la historia prepara un “nuevo modelo de residencias” que deteriora más su situación (lanueve.info)