Preparémonos para despois do nadal… rebrote de tests?

ou “De que datos podémonos fiar?”

Con toda a desinformación distribuida nestes meses desde as burocracias interesadas que nos gobernan, directamente non podemos dar crédito ás súas alarmas. Nos meses precedentes temos asistido á creación dunha alarma social que trae graves consecuencias psicolóxicas, represivas, sociais, … E en retrospectiva podemos afirmar que en moitos casos de “rebrotes” esta alarma era infundada.

Agora levan uns días outra vez falando de alto risco, semella que como preparando a poboación para novas acentuacións das restriccións despois do Nadal. En que datos nos podemos fixar para valorar a veracidade desa nova ola?

Como comentan desde o Centre for Evidence-Based Medicine da Universidade de Oxford (ademáis, precisamente nun artigo sobre a xestión dos datos Covid no Estado Español):

“As mortes etiquetadas como Covid19 dependen de parámetros subxectivos mentres que o exceso de mortes ten a vantaxe de ser un estándar en relación a unha referencia: o número de mortes en anos anteriores. Se atopamos moitas mortes Covid19 durante un período pero o exceso de mortes é baixo ou negativo, é probable que esteamos a inflar os números Covid19. Ademais, o exceso de mortes adoita depender das temperaturas altas/baixas, é dicir, dos invernos fríos ou as ondas de calor. Por tanto, calquera aumento/diminución lixeira das mortes debe contrastarse coa temperatura.”

Vexamos a situación actual con estas precaucións en mente:

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Contrainfo e disidencia científica, Reflexión e análise | Comments Off on Preparémonos para despois do nadal… rebrote de tests?

A relixión das vacinas

Desde que se puxeron en marcha as medidas contra o Coronavirus, os resultados foron catastróficos: hospitais colapsados, escenas de película de terror nas residencias de anciáns, un autoritarismo rampante que non para de impor medidas absurdas coa escusa da loita contra o virus, e unha campaña constante de medo por parte dos medios de comunicación. Ante a crecente desesperación da poboación e unha economía cada vez máis fráxil, agora preténdennos convencer de que a solución está a piques de chegar, como por arte de maxia, grazas ás vacinas.

Dan igual as voces que advertiron, por activa e por pasiva, que as vacinas non se poden planificar, necesitándose entre 8 e 10 anos con sorte para obter unha; que non hai unha vacina contra a gripe que funcione ao 100% porque o virus mutou mil veces antes de que se poida desenvolver unha vacina; e que, aínda en caso de lograrse desenvolver unha vacina, necesítase moito tempo para lograr pór en marcha a loxística que se require: produción, transporte, distribución, vacinación…

Todo isto díxose e repetiuse mil veces, e mil veces foi ignorado, porque a vacina pasou a ocupar na mente popular o papel das milagrosas reliquias de santos do medievo. Pero a fe non axuda ao desenvolvemento científico, e aos poucos ímonos decatando de que as vacinas que reciben permiso para comercializarse carecen das máis mínimas garantías: ou foron concibidas en tan só dous días, ou os ensaios non foron realizados cos grupos de risco e, no caso da vacina que se emprega na campaña de vacinación actual en UK, o goberno anunciou DESPOIS de iniciar a campaña de vacinación, que as persoas con calquera tipo de alerxias -unha porcentaxe cada vez máis elevado da poboación occidental- non deben vacinarse. Chegou o momento de preguntarse: e se non se consegue unha vacina nos próximos meses ou anos?

Editorial do último número da revista Amor y Rabia

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on A relixión das vacinas

SE A EMPRESA CHE ESIXE PÓR A VACINA + Carta ás autoridades sobre a campaña de vacinación

Se a empresa che esixe pór a vacina, pódeslle pedir:

1. Que che poñan por escrito e asinado con nomes e apelidos o motivo polo cal nos din que a temos que pór. E se hai algún tipo de consecuencia como ameazas de perder o traballo, isto xa é un delito penal de coacción e ameazas (artigo 172 Código Penal)

2. Esixir ver o seguro de responsabilidade civil da persoa que obriga ou da empresa que obriga. Deberiamos asinar unha póliza de seguros que nos garanta unha indemnización millonaria se nos pasa algo. Seguro que recuarían. Esixamos unha póliza onde poña clarísimo que eles se fan responsables de calquera cousa que nos puidese pasar. Hai que lembrarlles que o pedimos porque as compañías farmacéuticas xa dixeron que non se fan responsables.

3. Que che entreguen o nome da vacina e a composición. Se teñen tecidos humanos sempre podemos invocar a obxección de conciencia

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Difusión e recursos | Comments Off on SE A EMPRESA CHE ESIXE PÓR A VACINA + Carta ás autoridades sobre a campaña de vacinación

Sobre o que NON fixeron as administracións para atallar a crise sanitaria, e sobre o que podemos facer para prepararnos para a que nos ven enriba

No ámbito sanitario, o goberno central e os autonómicos:

· Non interviñeron recursos – persoal e instalacións – da sanidade privada, nin da industria farmacéutica, nin das empresas fabricantes de material necesario como respiradores, equipo de protección individual ou máscaras para poñelos ao servizo das necesidades máis perentorias da poboación. As requisas, intervencións e ocupacións de empresas privadas estaban previstas nos artigos 8 e 13 do R.D. de Estado de Alarma do mes de marzo[3] e nin se adoptou ningunha delas entón, nin ninguén fala delas agora, cando segundo eles mesmos din, encamiñámonos ao colapso sanitario

· Cando desde o inicio da pandemia falábase de enormes carencias de persoal na sanidade, non tomaron medida algunha, en 9 meses! para convocar ofertas públicas de emprego con condicións laborais dignas. Estas convocatorias deberían servir para incentivar o regreso das decenas de miles de profesionais sanitarios que emigraron tras encadear anos de contratos lixo ou para evitar, como está a suceder, o torrente de baixas por depresión ou tensión nunha sanidade pública sobresaturada.

· Non estenderon de facto o dereito á atención sanitaria ás persoas inmigrantes sen papeis que seguen – a pesar de acumular todos os factores de risco social – sen ter acceso á tarxeta sanitaria.

· Os gobernos autonómicos, coa complicidade do goberno central, fixeron posible que todo o financiamento adicional que se dispuxo para a sanidade acabase en mans de empresas privadas (Ribeira Saúde, Indra, Telefónica, Pascual, etc), mediante a subcontratación de servizos diversos.

 

2º No ámbito social, o goberno central:

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Contrainfo e disidencia científica, Reflexión e análise | Comments Off on Sobre o que NON fixeron as administracións para atallar a crise sanitaria, e sobre o que podemos facer para prepararnos para a que nos ven enriba

TIPOS DE VACINAS PARA COVID19

A-VECTOR VIRAL: USADAS EN VETERINARIA E NA VACINA DO ÉBOLA
As vacinas de vectores virais insiren un xen dunha proteína viral noutro virus inofensivo (replicante ou non replicante). Este virus inofensivo despois entrega a proteína viral aos receptores que desencadean unha resposta inmune.

B-VACINAS DE ARNm : NUNCA SE USARON EN HUMANOS
Funcionan introducindo unha secuencia de ARNm (a molécula que lle di ás células qué construír) que codifica un antíxeno específico da enfermidade. Unha vez que este antíxeno se reproduce dentro do corpo, recoñécese e desencadea unha resposta inmune.

C-VACINAS ADN: NUNCA SE USARON EN HUMANOS
As vacinas baseadas en ADN funcionan inserindo ADN sintético de xenes virais en pequenas moléculas de ADN chamadas plásmidos.
As células toman os plásmidos de ADN e siguen as súas instrucións para construír proteínas virais, que son recoñecidas polo sistema inmunolóxico, e prepáranas para responder a unha exposición a patóxenos.

D-VACINAS SUBUNIT: XA USADAS EN HUMANOS
Introducen un fragmento ou unha porción do virus no corpo. Este fragmento é suficiente para ser recoñecido pola resposta inmune e estimular a inmunidade. Usadas para o virus do papiloma humano, Bordetella pertusis, Hepatite B

COMPAÑÍAS CON VACINAS COVID EN PROCESO, E MECANISMO DE ACCIÓN:

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Difusión e recursos | Comments Off on TIPOS DE VACINAS PARA COVID19

Unha sociedade para a obediencia – entrevista a Esteban Vidal

Traducimos esta interesante entrevista a Esteban Vidal, autor da «Análise comparativa das políticas de xestión da pandemia en Europa e unha aproximación ao fenómeno da epidemia desde a ciencia política». Nela apunta algunhas cuestións sobre a situación actual bastante preocupantes e que urxen á acción. Tamén aprofunda, entre outras cousas, na cuestión de onde reside realmente o poder do Estado.

A entrevista realizouse no programa El Vórtice. Saltámonos as primeiras intervencións para ir ao que nos parece máis interesante. Os títulos dos epígrafes e as negriñas son nosas.

1. A PANDEMIA COMO EXCUSA PARA A REESTRUCTURACIÓN DO SISTEMA

“A finais da década de 2010 xa se percibira un cambio de tendencia, sobre todo ligado á crise que se produciu en 2008. É algo que xa se vía vir: a economía mundial estábase ralentizando, e as economías europeas xa non crecían tan rápido como antes, estaban a quedarse atrás. O que estivo ocorrendo ultimamente co tema da pandemia, no plano económico vai xerar moitos problemas. Afundíronse moitas economías, a situación é realmente grave. No mundo empresarial considérase que cando unha empresa adquire unhas débedas que son superiores ao 90% do valor dos seus activos considérase que está en quebra. Estamos a falar de que agora hai unha gran cantidade de Estados importantes no mundo que teñen débedas soberanas superiores ao 100% do seu PIB, que é o seu principal activo, a súa economía. E isto, o que deixa claro é que a situación é verdadeiramente crítica a un curto e medio prazo porque vai desatar crises fiscais, etc.”

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Contrainfo e disidencia científica, Reflexión e análise | Comments Off on Unha sociedade para a obediencia – entrevista a Esteban Vidal

Sobre virus mortos, o funcionamento da inmunidade e a dinámica das PCR masivas

O Dr. Michael Yeadon é un bioquímico e farmacólogo inglés, experto en alerxia e terapia respiratoria, con 23 anos de experiencia na industria farmacéutica. Entre 1995 e 2010 traballou na farmacéutica Pfizer, chegando a exercer de director científico e vicepresidente. Ten publicados máis de 40 artigos de investigación e actualmente asesora a varias empresas de biotecnoloxía. Traducimos un anaco da entrevista en video que se pode ver ao final do post.

O que están a buscar non é o virus – poderíase pensar que está a buscar o virus, pero non é así. O que buscan é un pequeno fragmento de secuencia xenética; chámase ARN. Desafortunadamente, ese anaco de ARN atoparase nas amígdalas e o nariz das persoas, e non só se acaban de contraer o virus e están a piques de enfermar ou se xa están enfermos. Tamén se atopará se se infectaron anteriormente vai semanas, ou mesmo, ás veces, vai uns poucos meses. Permítanme explicarlles por que é así.

Se fuches infectado, e loitaches contra o virus (o que a maioría da xente fai), terás pedazos de virus mortos e rotos. Estas son cousas diminutas máis pequenas que as túas células, quizais se propagan por toda a vía respiratoria, incrustadas en anacos de moco, talvez dentro dunha célula do revestimento da vía respiratoria. E así, durante un período de semanas ou meses, aparecen células que conteñen anacos rotos e mortos do virus que conquistaches e mataches. Porén, a proba de PCR non é capaz de detectar se o ARN viral provén dun virus vivo ou morto (como acabo de describir). Así que creo que unha gran proporción dos chamados positivos son, de feito, o que eu chamo positivos “fríos”: están a identificar correctamente que hai algo de ARN viral na mostra – pero é dun virus morto. Non pode facerlles dano, non van enfermar, non poden transmitirllo a ninguén máis. Así que non son infecciosos. Iso explica un grande número dos chamados casos positivos. Estas son persoas que venceron ao virus. Por que usamos esta proba que non pode distinguir entre a infección activa e a xente que venceu ao virus?

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on Sobre virus mortos, o funcionamento da inmunidade e a dinámica das PCR masivas

No es Ayuso, es el sistema

A río revuelto, ganancia de pescadores, o lo que es lo mismo, aprovechando el debacle del covid-19 llevamos semanas observando la sucesión de actos públicos dirigidos por colectivos que nunca se han movilizado por la sanidad pública, y que en el periodo 2005-2012 guardaron escrupuloso silencio mientras el PP desmontaba este sector para ponerlo en manos de aseguradoras, bancos y diversos fondos de inversión. Todos los colectivos surgidos tienen algo en común: ocultan las verdaderas causas de la privatización —las leyes que la permiten: ley 15/1997 y Ley General de Seguridad art. 90— y los responsables de que se aprobaran (partidos políticos gobernantes en la Comunidad de Madrid o en el Gobierno central).

De esta forma, tanto el liberalismo “progresista” como la nueva socialdemocracia (PSOE y Podemos), han dado la orden a sus organizaciones satélites de atacar con toda la infantería subvencionada posible a Ayuso, personaje impresentable donde los haya y marioneta de los grupos de presión que se esconden tras FAES. Se trata de focalizar en ella todas la responsabilidad de la situación sanitaria de la Comunidad de Madrid. Pero el problema no es solo su nefasta gestión y su connivencia con la oligarquía madrileña, sino que viene de más lejos.

Lo que oculta a toda costa la izquierda institucional es que tanto la gestión actual como el desmantelamiento previo de la sanidad publica madrileña realizado por sus predecesores (Esperanza Aguirre, Lamela, Lasquetty, etc.) tiene respaldo legislativo gracias a los mismos que gritan ahora contra Ayuso.

Se trata de un drama en varios actos, con la formula clásica: la derecha hace el trabajo sucio que a la “izquierda” le supondría más desgaste, mientras que los aspirantes a gestores del desastre, la “izquierda del capital”, la que amenazaba con asaltar los cielos, prepara movilizaciones descafeinadas, que serán convenientemente difundidas por los medios “progresistas” en horarios prime time, con claros intereses partidistas. Todo para vender la ilusión de un cambio político al alcance de la mano… para que nada cambie, y lo esencial, la privatización y el negocio de unos pocos, se mantengan. Está claro, que los medios de comunicación nunca han apoyado las reivindicaciones de los de abajo, la historia lo demuestra.

Si repasamos las agresiones al sistema sanitario madrileño producidas en los últimos 15 años podemos comprobar que fue absolutamente legal.

» Ler artigo completo n´O Salto

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on No es Ayuso, es el sistema

Segunda ola: outro Confinamento, outra Rebelión

“O que as revoltas do sur de Europa nos contan da Pandemia e o Estado”

Traducimos uns anacos desta recopilación do colectivo estadounidense Crimethinc. na que “anarquistas situados arredor do Mediterráneo -en España, o sur e o norte de Italia, Eslovenia e Grecia- informan sobre a forma en que as políticas gobernamentais de resposta á pandemia repercutiron nas súas comunidades e describen como respondeu a xente.”.

Pensamos que malia ser perspectivas que nos chegan de rebote desde a distancia, sinalan con certeza algunhas cuestións importantes do noso confuso contexto. Traducimos tamén algúns fragmentos sobre a situación en Italia, cun contexto bastante semellante ao do Estado Español, pero cunha maior resposta social:

Nos Estados Unidos, a oposición liberal á candidatura de Donald Trump para a reelección cristalizouse ao redor da súa resposta á pandemia COVID-19, con millóns de persoas acusando o seu goberno de non facer o suficiente para conter a propagación do virus. Con todo, en Europa, onde os gobernos adoptaron un enfoque máis práctico, os seus esforzos tamén provocaron o descontento popular, xa que a gran maioría das súas intervencións centráronse na ampliación do poder da policía, non na extensión dos recursos aos que loitan por sobrevivir ao virus e á crise económica. (…)

» Continuar a ler:
Continue reading

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on Segunda ola: outro Confinamento, outra Rebelión

A nova anormalidade. Un suave golpe de Estado – Miguel Amorós

*nota: non comulgamos moito co uso da palabra “negacionista” que fai o autor, pero polo seu interese, traducimos igualmente o artigo. Á marxe da proliferación de hipóteses que aproveitan a confusión para introducir plantexamentos propios de posicións totalitarias, consideramos que ese termo adoita empregarse habitualmente para estigmatizar a crítica e desacreditar xustamente argumentos na liña dos mesmos que se expoñen no artigo.

Non é seguro que esteamos ante unha “segunda ola”, pero o certo é que estamos ante un verdadeiro golpe de estado. Pola vía da excepción ábrese un segundo capítulo na implantación dunha ditadura sanitaria destinada a perdurar.

Ler o artigo:
Continue reading

Posted in Reflexión e análise | Comments Off on A nova anormalidade. Un suave golpe de Estado – Miguel Amorós